Burela

04/03/2026

O Concello de Burela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun programa de actividades “aberto á veciñanza e dirixido a diferentes idades, que combina actos institucionais, propostas culturais e accións educativas ao longo do mes”. Serán os días 8, 12 e 13 de marzo

O acto central terá lugar o domingo 8 de marzo ás 17:30 horas no Parque Rosalía, onde se fará a lectura do Manifesto Institucional. A continuación, desenvolverase a actividade participativa Sementando Igualdade, que segundo explicou a concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, “consistirá na plantación de flores lilas como xesto simbólico no parque onde xogan as nosas crianzas, unha maneira de lembrar que o futuro tamén se constrúe educando en igualdade dende os primeiros anos”.

A programación incluirá dúas proxeccións abertas...

leer más
03/03/2026

O Foro Social da Mariña organiza unha charla coloquio titulada Dependencia e Discapacidade: Problemas e propostas. Celebrarase este venres, 6 de marzo, ás 20 horas na sala de conferencias da antiga biblioteca de Burela e terá como ponente a Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo e médico especialista en medicina preventiva, ex xefe do servizo de medicina preventiva do complexo hospitalario de Pontevedra e membro do grupo promotor da Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia  e Discapacidade (ASGADeD).

“Lonxe da visión actual da Xunta de Galicia, a análise dos datos do Sistema para a Autonomía e  Atención á Dependencia en Galicia (SAAD), amosa para unha redución das prestacións de servizos esenciais, como os servizos de atención no fogar (SAF), os servizos de centros de día (SCD), ou os dos servizos de...

leer más
Etiquetas:
03/03/2026

Este venres, día 6 de marzo, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela celebrarase o pregón da Semana Santa desta localidade, que será pronunciado pola veciña Modesta Ben López. No mesmo acto presentarase o cartel da Semana Santa burelá deste ano 2026 e inaugurarase a exposición titulada 30 anos de historia.

A asociación organizadora da Semana Santa de Burela anuncia: “comezamos un ano moi especial. Unha noite para lembrar o camiño percorrido e abrir, xuntos, unha nova Semana Santa. Acompáñanos neste primeiro paso cara á Semana Santa 2026 porque a nosa historia escríbese cada ano entre todos”.

02/03/2026

O Auditorio de Burela acollerá este sábado 7 de marzo ás 19.00 horas a representación de Molto Barroco, un espectáculo escénico que combina teatro, comedia e música inspirado no período barroco europeo para todos os públicos. A función forma parte da programación cultural promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A proposta de Píscore Teatro “sitúa a acción nunha corte real europea de mediados do século XVIII, onde o rei encarga unha composición musical para un baile de pedida de man, dando lugar a unha sucesión de situacións cómicas e musicais protagonizadas polo compositor da corte, os músicos e un bufón de carácter irreverente”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “o espectáculo combina interpretación teatral, humor, danza e música, incluíndo composicións orixinais inspiradas na...

leer más
27/02/2026

A Fundación Expomar, de Burela, está a promover o proxecto titulado Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable. Congreso da infancia e da adolescencia, que se desenvolve ao longo dos anos 2025-2026 e está financiado no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal. Popularmente coñecido como Xeración Peixe, o proxecto abrangue diversas actividades nas que colaboran diferentes sectores de actividade e públicos de distintas xeracións: desde centros de ensino ata centros de maiores e de inclusión social.

“Ao longo do mes de marzo en diferentes datas realizaranse actividades de limpeza de praias co alumnado dos centros de educación primaria e secundaria de Burela e a colaboración do centro de educación ambiental Gaia. Os restos de lixo recollido empregaranse...

leer más
26/02/2026

O concerto de clausura do III Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense celebrarase este domingo, día 1 de marzo, no auditorio municipal de Burela, ás 13:00 horas.

O Concello anuncia que “Burela acolle un ano máis Mariña en Canto, o Encontro de coros infantís e xuvenís da Mariña Lucense, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay. Unha cita que reúne arredor de 300 nenos e nenas para compartir a música coral e o canto en grupo. O encontro rematará co concerto de clausura, que terá lugar o 1 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio de Burela”.

Etiquetas:
25/02/2026

A Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela iniciou este luns, 23 de febreiro, o primeiro dos catro cursos de formación dixital programados dentro dun ciclo que continuará no vindeiro mes de marzo.

O Concello de Burela explica que “a formación Iniciación ao mundo dixital, que se está a desenvolver ao longo desta semana, ofrece ás persoas participantes unha aproximación práctica ao uso básico das tecnoloxías. Durante as sesións abórdanse cuestións como o manexo de dispositivos móbiles, a navegación por internet, o uso do correo electrónico e outras ferramentas dixitais presentes no día a día. O curso continuará ata finais de semana, completando así esta primeira proposta formativa do programa Yo conecto, que terá continuidade nas próximas datas con novas accións centradas en diferentes ámbitos do...

leer más
Etiquetas:
25/02/2026

O porto de Burela acollerá os días 17 e 18 de abril o exercicio MARSEC, unha actividade anual relacionada coa seguridade marítima organizada pola Armada e aberta á veciñanza.

Este mércores, 25 de febreiro, celebrouse a primeira reunión de coordinación entre todos os participantes no simulacro, un encontro previo destinado a preparar o desenvolvemento das operacións e garantir a coordinación entre os distintos organismos implicados na seguridade marítima.

O Concello de Burela explica que “MARSEC é un exercicio cuxo obxectivo principal é fortalecer a cooperación e o coñecemento mutuo entre as institucións implicadas na seguridade marítima, mediante a planificación e execución de operacións que abranguen unha ampla gama de situacións. Así mesmo busca reforzar a colaboración entre os distintos organismos e a Armada co...

leer más
23/02/2026

O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición das Clases de Bailes de Salón, unha proposta dirixida á veciñanza que se desenvolverá os domingos en horario de 19:00 a 20:30 horas.

Trátase dunha iniciativa que, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, “está pensada para fomentar a actividade física, o lecer saudable e a participación social a través do baile”.

A concelleira engadiu que con esta proposta “quérese seguir impulsando actividades que favorezan o encontro entre veciñas e veciños, que promovan hábitos de vida saudables e que, ao mesmo tempo, sexan espazos de diversión e aprendizaxe”.

As persoas interesadas poderán inscribirse e solicitar información na Casa do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

... leer más
Etiquetas:
16/02/2026

O Concello de Burela, en colaboración coa Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Atoupa, organiza unha nova actividade cultural baixo o título Historias de diversidade, que terá lugar este venres 20 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura.

Nesta ocasión proxectarase o filme Seis días corrientes, da directora Neus Ballús, unha película que “acompaña a Moha durante unha intensa semana laboral marcada por retos profesionais e humanos, ofrecendo unha mirada próxima ás relacións persoais e á diversidade no ámbito do traballo”, explica o Concello de Burela.

Esta será a segunda sesión do cinefórum organizado polo Concello de Burela en colaboración con Atoupa dentro desta proposta cultural que “pretende xerar espazos de reflexión e diálogo social a través do cinema e da...

leer más