Burela acollerá obradoiros de monicreques de calcetín o sábado 10 de outubro

A Casa da Cultura de Burela acollerá obradoiros de monicreques de calcetín o día 10 de outubro, sábado, de 12:00 a 13:00 horas.

O Concello de Burela anuncia: “aínda podes inscribirte á actividade Monicreques de calcetín, con Tin o calcetín e Tina a calcetina, da man de Galitoon Muppets. Unha actividade divertida e creativa para deixar voar a imaxinación e pasar unha mañá ben entretida”.

As inscricións están abertas ata o xoves 8 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Burela de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.