Burela

Etiquetas:
10/02/2025

Burela acollerá esta fin de semana o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense MariñaEnCanto. O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro.

O Concello de Burela explica que “participarán máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, así como de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias). O propio domingo terá lugar, no auditorio de Burela, o concerto de clausura do encontro ás 12:30 horas”.

O Concello amosa o seu agradecemento á fundación por ter elixido unha vez máis a Burela para acoller o evento.

Etiquetas:
09/02/2025

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.

Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro. 

As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro. 

 

30/01/2025

A asociación Aspanane e Fademga Plena inclusión Galicia, organizan a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidan a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa. 

O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.

Entre as ponencias cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade...

leer más
29/01/2025

A asociación musical Cova do Can presenta a primeira Noite Rock en Burela. Será o 8 de febreiro, sábado, desde as 20:00 horas.

A organización explica que é unha “xuntanza de socios/as á que calquera está invitado/a a pasalo ben con nós”. De 20:00 a 21:30 horas en L´Urbana haberá sesión rock de Dj PEPU. Ás 22:00 terá lugar a cea no restaurante a Mares. E a partir das 23:00 horas haberá sesión Rock con Dj XEVI, tamén en A Mares.

A cea é previa reserva (data límite o 7 de febreiro), cun custo de 28 euros e co seguinte menú: “entremeses variados, croquetas, calamares, cachopo, bebida, postre, café e chupito”.

27/01/2025

O Concello de Burela organiza cursos de bolillos (martes pola mañá e pola tarde), bailes de salón (martes e xoves pola tarde) e bordado (mércores pola mañá e pola tarde e xoves pola mañá).

Os cursos son para persoas empadroadas en Burela e para participar hai que inscribirse na Casa do Concello do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Etiquetas:
22/01/2025

El Mundo de los Muñecos llega a Burela el 1 de febrero. Se trata de un espectáculo musical para niñ@s de todas las edades, en el que habrá magia, payasos y los personajes más conocidos del mundo del cine y de la televisión.

Será en el auditorio de Burela a partir de las 17:30 horas. La duración aproximada del espectáculo es de 70 minutos. 

Las entradas, al precio de 8 euros, ya pueden adquirirse en ticketrona.com

Etiquetas:
19/01/2025

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza a Ruta Fluvial do Río Parga, por Guitiriz, o vindeiro domingo, 26 de xaneiro. O percorrido, de 12 quilómetros, é de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

A saída terá lugar ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros (inclúe autobús, comida e seguro).

As persoas interesadas en participar poden anotarse no grupo de whatsapp de Pasada das Cabras, ou nos seguintes números de teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do 23 de xaneiro. 

 

Etiquetas:
19/01/2025

A asociación Esperanza, de Burela, anuncia que desde o luns 20 de xaneiro poñen á venda as entradas para o II Concerto Benéfico en conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro, que terá lugar na Casa da Cultura de Burela o día 8 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas. Actuarán o grupo de cantareiras As Grileiras, da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia; Diavolinos e Basquiat. O acto será presentado por Luz López Arnau, Miss Abuela de España 2024.

“O prezo das entradas será de 5 euros e poderanse adquirir nos comercios de ACIA, en Cinza, en El y Ella Joven, na Pastelería Méndez (Ferreira) ou mediante a propia Asociación. Queremos facer fincapé no feito de que todo o recadado mediante a venda destas entradas irá, coma sempre, integramente destinado á doazóns a entidades dedicadas á investigación contra o cancro”, explica a asociación...

leer más
12/01/2025

 

O cómico Miguel Miguel presentará o seu novo show, titulado ¡Acojonado!, o venres 24 de xaneiro ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. As entradas están á venda en Ataquilla.com.

O Concello de Burela anuncia que “Acojonado! é o novo show de Miguel Miguel, no que recupera todas as súas experiencias vividas en todos estes anos. É unha mestura do vivido, o que estamos a vivir, o que nos queda por vivir despois dos corenta e as principais consecuencias desta idade. Fala da mala sorte, dos problemas que ten agora a xente e os que tiña antes. Ser o pequeno de catro irmáns axudou moito a Miguel Miguel para sobrevivir cal ñu cruzando o Amazonas. Miguel Miguel está acolloado, e ti? Humor, risas, chistes e mesmo maxia dentro dun mesmo”. 

Etiquetas:
08/01/2025

Burela acollerá un evento denominado Tarde de Cine e Chocolate este sábado, día 11 de xaneiro.

O Concello de Burela colabora con Cáritas Burela-Cervo-Cordido na organización desta actividade o sábado 11 de xaneiro. Ás 17:00 horas haberá cine no auditorio da Casa da Cultura ás 19:00 terá lugar unha chocolatada na Praza de Abastos.

É necesario confirmar asistencia á xornada a través do número de teléfono 652.150.154.