Burela
O X Torneo de Tenis Concello de Burela - Memorial Jose Luis Yebra terá lugar nas instalacións deportivas da Marosa entre este sábado, día 13 de xullo, e o 28 de xullo. A competición está organizada polo Concello e o Club de Tenis A Marosa en lembranza do socio do club falecido no ano 2015, que foi un dos grandes impulsores deste deporte na localidade.
"Ao celebrarse o X aniversario do Memorial Jose Luis Yebra, haberá unha homenaxe máis especial, se cabe, a Jose Luis", sinalan dende a organización do evento. Tamén se celebra o décimo aniversario da creación Club de Tenis-Pádel A Marosa, polo que se lle entregará un recordo da ocasión a todas as persoas participantes.
Esta nova edición do torneo foi presentada polos integrantes da directiva do club Arturo González, Fernando Rey e José María Pérez, así como pola...
leer másO Concello de Burela presenta o seu Torneo de Fútbol Praia Urbana, organizado xunto á Sociedade Deportiva Burela, que terá lugar os días 10 e 11 de xullo, mércores e xoves.
As inscricións presenciais no evento serán o propio día 10 de xullo, mércores, a partir das 19:00 horas, e a competición comezará ás 19:30 horas. Haberá categorías Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.
Esta competición fai parte da programación deportiva de verán do Concello de Burela, que inclúe tamén torneos de fútbol 3x3, básket 3x3, o programa Verán Burela ou a Carreira Burela Bonita.
"Estamos encantados de recuperar un evento como o torneo de fútbol praia, que todos os membros da directiva da SD Burela desfrutamos cando eramos pequenos e que agora poderán volver a disfrutar os nenos e nenas de Burela", sinala o...
leer másA Sociedade Cultural Recreativa Ledicia vén de resolver o concurso de carteis convocado co gallo da XXXVIII Feira do Bonito de Burela. Resultou gañador na categoría A (ata 14 anos) Camilo Silva Larrosa; e na categoría B (maiores de 14 anos), Maite Fernández Cendoya. O traballo da categoría A será o que apareza no programa de man e o da B no cartel anunciador da feira. E a poucos días de cerrar definitivamente a programación, confirmase Walls como actuación central para a noite do sábado 3 de agosto en Burela, anuncia Ledicia.
A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, destaca que “a Feira do Bonito é unha actividade froito do traballo e a unión de moita xente e dende Ledicia agradecemos o apoio das diferentes entidades colaboradoras, tanto públicas como privadas, xa que ambos elementos -economía e traballo- son necesarios para sacar...
leer másEste martes, 2 de xullo, inaugurouse en Burela a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A Praza do Concello o acollerá ata o vindeiro 15 de xullo a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institucións culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio.
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, acompañados polo tenente de alcalde de Burela, Mario Pillado, e pola concelleira de Cultura, Lina Gómez, inauguraron a mostra, que chega a Burela no marco dunha...
leer másO Concello de Burela anuncia unha nova edición do programa de cine de verán Cine na Rúa, que incluirá este ano, ademais de varias películas, a emisión en directo do programa Grand Prix. Esta iniciativa consiste na proxección de películas de balde en diferentes prazas do municipio ao longo dos meses de xullo e agosto. As proxeccións terán lugar en varios venres destes meses, sempre ás 22:30 horas.
A programación comezará este venres, día 5 de xullo, na praza da Mariña, con 'El Gato con Botas: El último deseo'. Seguiranlle filmes como 'As Neves' e 'La Sirenita' nos venres seguintes de xullo.
En agosto será a quenda de 'Persiguiendo Mavericks', o día 23; e de 'Campeones', o día 30. Confórmase deste xeito unha programación na que están contempladas películas de todo tipo, incluíndo as familiares, en galego, e mesmo un...
leer másO Concello de Burela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de ocio dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
Por una banda, no día de hoxe deron comezo os campamentos de verán, que se desenvolverán no CEIP Virxe do Carme, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 horas.
O primeiro destes campamentos rematará o 12 de xullo, e os seguintes terán lugar do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 9 de agosto e do 12 ao 23 de agosto.
Por outra banda, o vindeiro luns, día 8 de xullo, a delegación de Deportes do Concello dará comezo ó programa Verán Burela 2024. Esta iniciativa prolongarase ata o 29 de agosto e incluirá xogos na praia os luns, rutas de senderismo os martes, happy dance os mércores, e rutas en biciceta os xoves.
As...
leer másDo 1 de xullo ao 29 de agosto volven as visitas guiadas á lonxa de Burela, un xeito de coñecer todas as especies que capturas os barcos dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O 1 de xullo será ás 18:30 horas e o 2 de xullo ás 19:30 horas.
É preciso reservar praza en rutadopeixe.burela.org
O Concello de Burela ofrece ademais durante o verán visitas ao barco museo Reina del Carmen, á Moncloa, a unha conserveira, á igrexa de Vila do Medio así coma un interesante programa de xeorutas. Todo a información está dispoñible en www.burela.org
Burela acolle un festival da escola de baile e música tradicional de Ledicia este sábado, 29 de xuño
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, rematará o curso 2023/24 da Escola de Baile e Música Tradicional cun festival aberto ao público onde participará todo o alumnado. Esta celebración terá lugar este sábado, 29 de xuño ás 18:00 horas na Praza do Concello.
“Convidamos á veciñanza a disfrutar do noso traballo”, di a organización do evento.
O Concello de Burela será anfitrión do tradicional encontro anual de orquestras, organizado polas Escolas de Música da Mariña, que se celebrará o mércores 26 de xuño ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
“Esta iniciativa, que reúne a preto de 70 rapaces e rapazas, pretende por en contacto aos escolares de música da comarca, permitir que se coñezan, que intercambien experiencias e aprendizaxes e que socialicen a través da linguaxe universal da música”, asegura o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado.
Está previsto que os alumnos cheguen pola mañá ao Auditorio da Casa de Cultura e fagan un ensaio xeral das obras que hai meses levan traballando cada un no seu centro.
Ao remate do ensaio os participantes celebrarán unha comida de fraternidade. Xa pola tarde, antes do concerto,...
leer másO Concello de Burela conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ con diferentes actos os días 25, 27 e 28 de xuño.
O martes 25 de xuño ás 18.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello terá lugar un obradoiro, impartido pola asociación Alas A Coruña, sobre Diversidade LGTBI+.
O 27 de xuño, ás 18:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, haberá unha charla, impartida pola asociación Arelas, sobre ‘Vivencias Trans, do mito á realidade’, centrada na realidade trans infanto-xuvenil.
O 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, ás 19:00 horas na Praza do Concello procederase á lectura do manifesto institucional cunha mostra de baile tradicional, coa actuación do grupo As Grileiras.
O Concello de Burela apoia as reivindicacións do colectivo LGTBI...
leer más