Burela

11/11/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo titulado Os Bolechas tocan nunha grande orquestra. Será este sábado, día 16 de novembro, ás 18:30 horas.

É unha actividade organizada polo Concello de Burela e incluída no programa de dinamización lingüística falaRedes.

10/11/2024

A compañía Sarabela Teatro presenta en Burela a obra titulada Made in Galiza o día 15 de novembro, venres. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e o prezo da entrada é de 4 euros.

Sobre esta obra -para público adulto, dirixida por Fina Calleja e que interpretan Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto- o Concello de Burela anuncia: “Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas  Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” Made in Galiza é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños! A obra de Sechu Sende (Padrón, 1972) abre as portas...

leer más
Etiquetas:
08/11/2024

Burela acollerá o día 21 de xovembro, xoves, unha xornada formativa a cargo do psicólogo deportivo Pep Marí. Será ás 19:00 horas no auditorio municipal de Burela, con entrada gratuíta a cambio de alimentos non perecedoiros que serán destinados a Cáritas Valencia.

A Real Federación Galega de Fútbol explica que “a devastación causada pola DANA en Valencia espertou en Galicia, e no resto do país, un auténtico despregamento de solidariedade. Agrupacións, veciños, concellos de numerosas localidades, voluntarios e clubs de fútbol mobilizáronse con prontitude para axudar aos damnificados coa organización de puntos de recollida e recadación de axuda, que farán chegar ata os municipios da Comunidade Valenciana golpeados polas inundacións. O fútbol volveu amosar que sempre responde en situacións críticas, ao igual que a Real Federación Galega de...

leer más
Etiquetas:
06/11/2024

Burela acollerá, no Auditorio Municipal, un concerto do cantante extremeño Huecco como parte da iniciativa Escenario Dial da radio Cadena Dial.

A cita será o 14 de novembro ás 20:30 horas. As entradas serán gratuítas, pero, por cuestións de aforo, será necesario descargalas previamente na web seetickets.com

Huecco repasará no concerto tanto as súas novas cancións como os éxitos da súa traxectoria. O evento conta co patrocinio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Burela e o Hotel Nordés.

Con Escenario Dial, Cadena Dial colabora cos artistas que máis soan na emisora, cun formato íntimo e minimalista que percorre toda España co obxectivo de amosar a esencia detrás de cada canción. Deste xeito, xa pasaron por Galicia, en formato acústico, artistas como Ana Guerra, Taburete,...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

O Concello de Burela organiza unha nova edición do seu mercado de Nadal. Este evento, que se celebra cada ano na localidade, terá lugar esta vez nunha xornada única o día 30 de novembro, sábado, en horario continuo de 10:30 a 21:00 horas.

Todas aquelas persoas e entidades interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de novembro, ben de maneira presencial no punto de información da Casa do Concello ou enviando un correo electrónico a cultura@burela.org.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo de fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns, senón que tamén...

leer más
05/11/2024

Burela acollerá, no salón de conferencias, a presentación da 'Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo'. O acto está impulsado pola Sociedade Micolóxica Lucus en colaboración co Concello, e terá lugar ás 19:00 horas deste xoves, día 7 de novembro.

O Concello de Burela explica que “esta guía, coordinada por Antonio Rigueiro e Julián Alonso e na que tamén colaboran como autores José Castro Ferreiro e María Cristina García-Echave, pretende ser unha ferramenta de utilidade para todas aquelas persoas interesadas en iniciarse no mundo da macromicoloxía en xeral e na realidade da provincia de Lugo en particular. A ‘Guía micolóxica básica da provincia de Lugo’ ofrece un amplo compendio informativo, a través do que se afonda en distintos conceptos básicos sobre fungos, a súa identificación, a súa toxicidade e mesmo respecto da súa aptitude para o consumo. A obra...

leer más
Etiquetas:
05/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, inicia as actividades para celebrar o seu 50 aniversario cunha cea que se celebrará o día 22 de novembro, venres, ás 22:00 horas. As prazas son limitadas e prazo para comprar os tickets remata o 19 de novembro.

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, de Burela, anuncia que “50 anos atrás un grupo de xente traballaba en Burela pola creación dunha asociación coa finalidade de promover actividades socioculturais na vila. E xa que chegamos ata aquí queremos compartir esa celebración con tódalas persoas que desexen acompañarnos. Os primeiros actos serán unha cea conmemorativa o 22 de novembro no Hotel Nordés e unha misa en recordo das moitas persoas que faltan o 1 de decembro”.

Etiquetas:
04/11/2024

O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.

A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.

A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.

A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.-

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".

 

29/10/2024

O centro social Xebra, en Burela, celebrará a segunda edición dos seus Sábados Electrónicos o día 2 de novembro, a partir das 22 horas, con entrada a 6 euros para persoas socias e 8 euros para non socias.

A asociación cultural Xebra explica que “os artistas convidados son Cartucho e F1N05. O primeiro é un artista natural do Valmiñor afincado en Santiago de Compostela. Leva pinchando desde o ano 2021 en diferentes formatos e estilos, aínda que con predominio do break. Forma parte do colectivo Kadiq, que organiza festas deste xénero en Madrid e Galicia, e ademais desde 2020 presenta o podcast ‘Tendiendo a Cero’. E FIN05 presentará o seu novo proxecto audiovisual cun directo cheo de sintes modulares, moogs, distorsión, tecno hipnótico e ruidismo épico”.

Etiquetas:
22/10/2024

O Concello de Burela celebrará o Día das Bibliotecas cun taller de creación de marcapáxinasna Casa da Cultura.

Esta actividade está organizada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, e terá lugar este venres, día 25 de outubro, de 17:00 a 19:00.

O Día das Bibliotecas celebrase cada ano o 24 de outubro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.

O obradoiro será gratuíto e aberto, e porá o acento na sustentabilidade, empregando materiais cotiáns e reutilizados para crear marcapáxinas personalizados baixo o lema "Por un futuro sostible".

Lina Gómez, Concelleira de Cultura e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, convida á veciñanza a "participar desta actividade para promover a lectura especialmente...

leer más