Recuncho
Burela acolle un encontro para crear o Recuncho Multicultural da Biblioteca este venres, 1 de agosto
Este venres, día 1 de agosto, ás 11:00 horas a Casa da Xuventude de Burela será escenario dunha actividade aberta coa participación de representantes de colectivos, asociacións e comunidades que forman parte da diversidade cultural do municipio. O obxectivo principal do encontro é “deseñar e dar forma ao Recuncho Multicultural, un espazo que se integrará na Biblioteca Municipal como lugar de memoria, coñecemento e convivencia”, anuncia o Concello de Burela.
Ao longo da mañá traballarase na recollida e posta por escrito da tradición oral das distintas culturas presentes en Burela, sen esquecer a riqueza da cultura popular galega. “Este material servirá para achegar ás novas xeracións os relatos, saberes e valores que enriquecen a nosa comunidade, favorecendo a transmisión cultural e o respecto pola diversidade”, explica o Concello de Burela...
leer másA Biblioteca Pública de Alfoz conta desde hoxe cun Recuncho Violeta. Trátase dun espazo propio con libros e xogos específicos de igualdade. Sobre todo para os máis novos, nos que se fomente o respecto e os valores, o coñecemento e xestión das emocións, a diversidade, etc. que no fondo son os pilares para unha sociedade máis igualitaria.
Moitas das obras que recomendamos nas Axendas Coeducativas poderán atoparse nos nosos andeis, os cales se irán completando con máis contidos nun futuro. Banda deseñada, contos, novela, ensaio e poesía para todas as idades.
Tamén xogos que se poderá utilizar na biblioteca, levar en préstamo e que serán utilizados nas actividades do Programa de Conciliación do CEIP Castro de Ouro.
Temos 2 Recunchos Violetas, un físico na Biblioteca e outro dixital dentro...
leer más