Multicultural
O Recuncho Multicultural de Burela acolle unha nova xuntanza, con motivo da Festa da Música, este sábado, día 22 de novembro. A actividade será ás 12:30 horas na Praza de Abastos, antes do comezo da celebración da Festa da Música ás 13:00 horas.
O Concello de Burela explica que “durante o encontro cada colectivo participante compartirá a música, os sons e os instrumentos que adoita escoitar no seu lugar de orixe para crear unha playlist colaborativa”.
Segundo explicou o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “trátase dunha actividade cooperativa na que aprenderemos sobre diferentes culturas e tradicións a través da música co obxectivo final de crear unha playlist de músicas do mundo no noso concello”. Ademais destacou que “é un evento aberto a toda a cidadanía e dende o Concello animamos a...
leer másBurela acolle un encontro para crear o Recuncho Multicultural da Biblioteca este venres, 1 de agosto
Este venres, día 1 de agosto, ás 11:00 horas a Casa da Xuventude de Burela será escenario dunha actividade aberta coa participación de representantes de colectivos, asociacións e comunidades que forman parte da diversidade cultural do municipio. O obxectivo principal do encontro é “deseñar e dar forma ao Recuncho Multicultural, un espazo que se integrará na Biblioteca Municipal como lugar de memoria, coñecemento e convivencia”, anuncia o Concello de Burela.
Ao longo da mañá traballarase na recollida e posta por escrito da tradición oral das distintas culturas presentes en Burela, sen esquecer a riqueza da cultura popular galega. “Este material servirá para achegar ás novas xeracións os relatos, saberes e valores que enriquecen a nosa comunidade, favorecendo a transmisión cultural e o respecto pola diversidade”, explica o Concello de Burela...
leer más




