Burela
El Mundo de los Muñecos llega a Burela el 1 de febrero. Se trata de un espectáculo musical para niñ@s de todas las edades, en el que habrá magia, payasos y los personajes más conocidos del mundo del cine y de la televisión.
Será en el auditorio de Burela a partir de las 17:30 horas. La duración aproximada del espectáculo es de 70 minutos.
Las entradas, al precio de 8 euros, ya pueden adquirirse en ticketrona.com
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza a Ruta Fluvial do Río Parga, por Guitiriz, o vindeiro domingo, 26 de xaneiro. O percorrido, de 12 quilómetros, é de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
A saída terá lugar ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Burela. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros (inclúe autobús, comida e seguro).
As persoas interesadas en participar poden anotarse no grupo de whatsapp de Pasada das Cabras, ou nos seguintes números de teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do 23 de xaneiro.
A asociación Esperanza, de Burela, anuncia que desde o luns 20 de xaneiro poñen á venda as entradas para o II Concerto Benéfico en conmemoración do Día Mundial da Loita contra o Cancro, que terá lugar na Casa da Cultura de Burela o día 8 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas. Actuarán o grupo de cantareiras As Grileiras, da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia; Diavolinos e Basquiat. O acto será presentado por Luz López Arnau, Miss Abuela de España 2024.
“O prezo das entradas será de 5 euros e poderanse adquirir nos comercios de ACIA, en Cinza, en El y Ella Joven, na Pastelería Méndez (Ferreira) ou mediante a propia Asociación. Queremos facer fincapé no feito de que todo o recadado mediante a venda destas entradas irá, coma sempre, integramente destinado á doazóns a entidades dedicadas á investigación contra o cancro”, explica a asociación...
leer más
O cómico Miguel Miguel presentará o seu novo show, titulado ¡Acojonado!, o venres 24 de xaneiro ás 21:00 horas no auditorio municipal de Burela. As entradas están á venda en Ataquilla.com.
O Concello de Burela anuncia que “Acojonado! é o novo show de Miguel Miguel, no que recupera todas as súas experiencias vividas en todos estes anos. É unha mestura do vivido, o que estamos a vivir, o que nos queda por vivir despois dos corenta e as principais consecuencias desta idade. Fala da mala sorte, dos problemas que ten agora a xente e os que tiña antes. Ser o pequeno de catro irmáns axudou moito a Miguel Miguel para sobrevivir cal ñu cruzando o Amazonas. Miguel Miguel está acolloado, e ti? Humor, risas, chistes e mesmo maxia dentro dun mesmo”.
Burela acollerá un evento denominado Tarde de Cine e Chocolate este sábado, día 11 de xaneiro.
O Concello de Burela colabora con Cáritas Burela-Cervo-Cordido na organización desta actividade o sábado 11 de xaneiro. Ás 17:00 horas haberá cine no auditorio da Casa da Cultura ás 19:00 terá lugar unha chocolatada na Praza de Abastos.
É necesario confirmar asistencia á xornada a través do número de teléfono 652.150.154.
A segunda edición da andaina Burela en Marcha Contra o Cancro celebrarase o día 2 de febreiro, domingo, con saída ás 11:00 horas dende a Praza da Mariña e o percorrido será ata a praia da Marosa, ida e volta.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que “o prezo da inscrición con camiseta son 10 euros. Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, coa achega que ti elixas”.
A novela “A montaña do poeta”, de Lionel Rexes, será presentada en Burela este sábado, 11 de xaneiro
O centro social Xebra!, de Burela, acollerá este sábado, día 11 de xaneiro, a presentación de ‘A montaña do poeta’ (Xerais), novela do escritor Lionel Rexes. A actividade será de balde e comezará ás 12 horas, cando o autor afincado en Alfoz e o profesor Bernardo Penabade desenvolverán un coloquio sobre a obra.
Sobre este acto Lionel Rexes comentou: “congratúlame ter sido convidado polo Centro Social Xebra, de Burela, a presentar nas súas instalacións A montaña do poeta, unha novela anterior á que ando promocionando estes tempos, mais o motivo é claro. No argumento de A montaña do poeta os centros sociais autoxestionados, e por extensión o tecido social máis contestatario, forman parte fundamental da trama. Teño asistido a algunhas actividades literarias artelladas no Xebra, mais nunca fora convocado como autor e confeso...
leer másO Concello de Burela recibe este domingo, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido rematará na praza da Mariña, onde terá lugar a recepción das súas maxestades.
Na carpa da Praza da Mariña, terá lugar unha deliciosa rosconada e chocolatada para goce de todos os asistentes. Ademais, realizarase o gran sorteo do Premio de Nadal, cun valor de 3.000 euros en vales de compra. O Concello conta coa colaboración da SRC Ledicia e de ACIA Burela na organización do evento.
“A deste domingo será unha tarde chea de maxia antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos e pequenas da casa. Animamos a toda a...
leer másBurela acollerá un Concerto de Reis a cargo da agrupación musical viveirense Sons de Celeiro. Este recital terá lugar ás 19:00 deste sábado, día 4 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.
O Concello de Burela anuncia que “a agrupación repasará as cancións dos seus tres traballos discográficos editados, lanzados ao longo de xa 12 anos de traxectoria ininterrompida.Trátase dun grupo vocal formado por un total de 14 integrantes. A pesar de que o grupo naceu na parroquia viveirense de Celeiro, conta con varios integrantes procedentes de Burela”.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, anima á veciñanza “a acudir a este concerto como previa ao día de Reis para desfrutar da traxectoria de Sons de Celeiro”.
A Casa de Galicia, en Madrid, acollerá o 23 de xaneiro a presentación da XX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar, das XXXII Xornadas Técnicas e do XXVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
O acto dará comezo ás 19:30 horas e contará coa presenza da presidenta da Fundación Expomar, Carmela López. Ao seu remate será ofrecida unha degustación de Peixe de Burela, que está patrocinada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
A XX Feira Expomar celebrarase en Burela do 7 ao 10 de maio.












