As mulleres que queiran levar mantilla nas procesións de Semana Santa en Burela están convocadas a unha reunión para o 17 de febreiro

A Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela, convoca a todas aquelas mulleres interesadas en participar nas procesións da vindeira Semana Santa vestindo mantilla a unha reunión informativa que terá lugar o martes 17 de febreiro ás 20:00 horas no salón parroquial.

“Nesta xuntanza explicaranse os aspectos organizativos, normas e detalles necesarios para a correcta participación, así como resolveranse dúbidas e coordinarase a presenza das mantillas nas distintas procesións. A asistencia está aberta a todas aquelas persoas que desexen formar parte deste elemento tan representativo e solemne da nosa Semana Santa”, explica a Cofradía do Santísimo Cristo e María Santísima das Dores, de Burela.