Burela
O Concello de Burela abre este mércores, 19 de xuño, o prazo de preinscrición para o seu programa de campamentos de verán e ocio para a cativada Somos Verán, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 23 de agosto. O prazo estará aberto ata o venres, día 21 de xuño. As preinscricións poderán realizarse no correo electrónico gaia@burela.org ou na oficina do centro Gaia. Deberase entregar a documentación necesaria e o formulario que se pode atopar en...
leer másO Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.
Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.
Un produto turístico que, nesta...
leer másBurela acolle, no parque de Rosalía de Castro, a exposición de arte na rúa 'Viaxando', organizada por Afundación. Esta mostra itinerante, que conta con pezas das coleccións de arte de Afundación e Abanca, estará dispoñible para a súa visita ata o día 10 de xullo, tras o cal seguirá percorrendo diferentes localidades galegas.
Nas diferentes obras da exposición aparecen reflectidos diferentes lugares de todo o mundo, co obxectivo de permitir ás persoas que visiten a mostra desfrutar de viaxar a través da arte. A cronoloxía das pezas vai dende finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vén acompañada dun breve texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca que "estas iniciativas permiten desfrutar de xeito gratuíto da arte nas nosas rúas,...
leer másO Concello de Burela convida á veciñanza a asistir ao concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música, actuación que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas deste mércores, día 19 de xuño.
El próximo 25 de junio arrancará la décimo primera edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 12 años. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples. El plazo de inscripción está abierto.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar sus mochilas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y la motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos...
leer másEntre as actividades da décimo primeira edición da Festa Castrexa de Burela haberá unha cea parrillada, que se celebrará o domingo, día 23 de xuño, desde as 21:00 horas na Praza do Concello.
“Vamos poder disfrutar dunha gran churrascada e sardiñada acompañada de fogueira e moitas outras actividades que iremos anunciando nos próximos días. Xa tedes dispoñibles os tickets de venta anticipada, a 8 euros, para a cea de San Xoán en Alain Afflelou, Peluquería Campón, Mercería Paca e Tienda Azor. Podedes conseguilos ata o vindeiro Xoves 20 de xuño. O mesmo día da festa o número de tickets (a 10 euros) que teremos á venta será moi limitado”, anuncia a organización, que corre a cargo da asociación Burela Castrexa.
Estas actividades enmárcanse dentro do programa de xeoturismo do Plan de Sostibilidade Turística, que arrincaba a finais de 2023 e está contando con moi boa acollida.
O 16 de xuño terá lugar a xeoruta do Ollo do Sapo, no Vicedo, que se desenvolverá entre as 10:30 e as 13:30 horas, guiada polo xeólogo Fran Canosa. Son 7 aínda as prazas dispoñibles para gozar deste paseo duns 7 quilómetros e medio a través dunha paisaxe de enorme beleza.
Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a costa vicedense, esculpida sobre as rocas denominadas Ollo de Sapo, que foron orixinadas pola transformación metamórfica de magma e as cinzas dunha enorme cadea de volcáns explosivos, que chegaban ao Vicedo desde o centro da península.
E para o 29 de xuño está prevista a xeoruta da Marosa, en Burela, de 10 a...
leer másEste sábado, día 15 de xuño, o Centro Social Xebra, de Burela, ofrece unha xornada gastronómica co mexillón como protagonista a partir das 20 horas.
A organización anuncia que “o último sábado da primavera culmina por todo o alto no centro social Xebra, situado na rúa Leandro Cucurny número 19, cunha festa do mexillón e bingo alternativo durante o serán. O local abrirá as súas portas ás 20 horas e ofrecerá racións de mexillón e cartóns para xogar a un sorteo de varios produtos de artesanía”.
A organización solicita que a xente interesada en asistir escriba ao correo electrónico xebraburela@gmail.com para reservar asento. Os fondos recadados irán destinados á asociación cultural que xestiona o centro social.
O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán para coñecer os atractivos patrimoniais e xeolóxicos da vila.
Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas, todas con saída dende a Oficina de Turismo, con prazas limitadas e reserva necesaria con sete días de antelación.
A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.
Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de...
leer másO Concello de Burela acollerá este sábado 15 de xuño, na Casa da Cultura, unha actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, dirixida a un público familiar.
O concerto desta banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano.
“Este evento será o último deste semestre contratado a través do convenio coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Dende o Concello xa estamos a preparar a programación do seguinte semestre, que de seguro estará chea de espectáculos tan destacados como o deste sábado”, engade Gómez.
O concerto terá lugar ás 18:00 do día 15 de xuño no auditorio da Casa da Cultura...
leer más