Burela

22/10/2024

Burela acollerá, no salón de conferencias da antiga biblioteca, un curso sobre acoso escolar e ciberacoso, actividade que terá lugar o día 29 de outubro, martes, de 16:00 a 22:00 horas.

A inscrición realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00, en horario de 9:00 a 14:00. As prazas limitadas.

O Concello de Burela anuncia que se trata dun curso “acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo, e está dirixido a nais, pais, coidadores, coidadoras, ...”.

21/10/2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá a mostra titulada “Sobre as nosas cabezas”, da fotógrafa e artista Cristina Castro. A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas ata o 15 de novembro.

O Concello de Burela explica que nesta mostra “Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia. A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India. O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao...

leer más
Etiquetas:
16/10/2024

O Concello de Burela acolle unha actividade de iniciación á banda deseñada na Casa da Xuventude. Trátase dun obradoiro creativo titulado Creando Personaxes de Cómic, con Alberto Guitián. Será o día 9 de novembro, sábado, ás 11:30 horas, e as prazas serán limitadas e asignadas por orde de inscrición, sendo 20 en total.

“No obradoiro, dirixido a rapazada de 10 a 14 anos, aprenderanse as claves e técnicas para construír personaxes de BD e debuxaranse tiras propias. As persoas participantes deberán levar papel A4, lapis, rotuladores de punta fina, ademais do material que queira traer cadaquén”, explica o Concello de Burela.

Para participar hai que inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Burela de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

16/10/2024

O día 26 de outubro, sábado, ás 18 horas terá lugar un acto de presentación de tres novas actividades con motivo de celebración do Centenario da Confraría de Pescadores de Burela: inauguración do mural que decora as fachadas da sede da confraría, presentación do libro conmemorativo do centenario e estrea dun documental conmemorativo das actividades do centenario e do labor social da confraría.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto para conmemorar o centenario da confraría de pescadores de Burela, que conta cunha axuda da Consellería do Mar e que foi tramitado no GALP A Mariña-Ortegal na convocatoria 2024.

O proxecto Actividades Centenario Confraría de Pescadores de Burela pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o...

leer más
Etiquetas:
16/10/2024

En Burela farán un lazo humano solidario contra o cancro de mama este venres, día 18 de outubro, ás 11:30 horas na Praza do Concello.

O Concello de Burela colabora coa Asociación Española contra o Cancro en Lugo na organización desta acción para promover a investigación na enfermidade.

O lema desta iniciativa é O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación.

 

14/10/2024

Burela acollerá un curso de sexualidade na adolescencia. Será impartido por Noelia Goás Gómez no salón de conferencias da antiga biblioteca o día 22 de outubro, martes, de 16:00 a 21:00 horas.

A inscrición, que é gratuíta, realizarase na Casa do Concello e no número de teléfono 982.58.60.00 en horario de 9:00 a 14:00. As prazas son limitadas.

O Concello de Burela anuncia que se trata dun curso acreditado pola asociación de familias e mulleres no mundo rural AFAMMER na provincia de Lugo.

12/10/2024

A compañía teatral Elefante Elegante presentará o seu espectáculo Kyoki, para público infantil e familiar, en Burela o día 26 de outubro, sábado. Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Está incluído na programación cultural do Concello de Burela, que explica que “Kyoki é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. Kyoki significa demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? KYOKI é unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que precisan ser...

leer más
Etiquetas:
11/10/2024

A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.

Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.

Arume anuncia: “volta a Noite Das Ánimas. O 31 de outubro agardamos por todos vós para desfrutar dunha tarde chea de actividades, nas que as nosas tradicións serán as protagonistas. Vide pasalo ben e a aprender cousiñas mentres enchemos o bandullo cunha boa chocolatada. Ás 21:00 horas  comeza unha foliada libre na que todos seredes benvidos. Traede o voso instrumento, ganiñas de cantar, bailar e a facer festa”.

10/10/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo Lago Comedy Club, do humorista Miguel Lago. O evento terá lugar o día 18 de outubro, venres, ás 21:00 horas, organizado por Etiqueta Negra Producciones.

Miguel Lago celebra con este espectáculo 25 anos sobre os escenarios como humorista, na que será a súa décimo sexta tempada consecutiva en teatros e auditorios.

As entradas están dispoñibles, cun prezo de a partir dos 17,80 euros, na plataforma Ataquilla.

 

Etiquetas:
10/10/2024

Ribas de Sil, Mondoñedo, Burela e As Nogais son as vindeiras paradas do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Axenda: do 12 ao 15 de outubro

12 de outubro. 19.00 horas. Ribas de Sil. Salón de Actos do Concello.
Teatro do Miolo. Saíndo do cerco.

Comedia. Todos os públicos

Suso é o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida,  esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida. 

Autoría e dirección:...

leer más