Burela

Etiquetas:
17/02/2025

Este sábado, día 22 de febreiro, a partir das 12 horas o local da asociación cultural Xebra!, en Burela, acolle unha aula práctica sobre como elaborar pratos típicos da gastronomía caboverdiana, como a cachupa e o cuscuz.

A profesora será Ineida Moreno, que guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interesadas e ten un prezo de 10 euros, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.

Para participar é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.

Etiquetas:
17/02/2025

O Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.

O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.

Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.

Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.

Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...

leer más
Etiquetas:
15/02/2025

Corentena · Game Over, a nova proposta dos cómicos Xosé A. Touriñán e David Perdomo, que chega o 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas ao Auditorio da Casa da Cultura de Burela.

Este espectáculo é a continuación de Corentena, que levou ao teatro as conversas que estes dous cómicos compartiron en Instagram durante a pandemia e que se converteu nun dos grandes éxitos da pasada temporada, con máis de 20.000 espectadores. Agora, con Corentena · Game Over, dan un paso máis alá, mesturando teatro e videoxogos nunha experiencia interactiva e chea de humor.

As entradas están xa á venda en www.corentena.gal e en Ataquilla.

13/02/2025

O Concello de Burela xa ten listo o programa do Entroido 2025, unha cita que cada ano reúne a centos de veciños e veciñas, así como visitantes que se achegan á vila para gozar das celebracións.

O festexo arrancará o venres 28 de febreiro e prolongarase ata o mércores 5 de marzo,cunha programación pensada para todas as idades na que non faltarán obradoiros, desfiles, música e o tradicional Enterro da Sardiña.

Desde o Concello de Burela animan a toda a veciñanza a participar nestas festas e a saír á rúa para “encher o pobo de cor, diversión e tradición”. A concelleira de Festexos, Patricia Eijo, destaca que teñen preparada!unha programación variada para que todas as persoas, desde os máis pequenos ata os maiores, poidan desfrutar do Entroido en Burela”.

Pola súa parte, a concelleira de...

leer más
Etiquetas:
11/02/2025

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela presenta este venres, 14 de febreiro, o seu documental “A posta en valor da pesca en Burela” co obxectivo de dar a coñecer a importancia e o impacto do sector pesqueiro na economía local, no emprego, na integración social e cultural. 

A proxección terá lugar a partir das 18:00 no salón de actos de ABSA nun acto aberto ao público, que estará presidido polo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, e a alcaldesa de Burela, Carmela López.

No documental participan unhas 50 persoas entre armadores, mariñeiros de diferentes nacionalidades, traballadores de ABSA e representantes doutros sectores e empresas vinculadas coa pesca e que representan a toda a cadea de valor. 

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e...

leer más
Etiquetas:
10/02/2025

Burela acollerá esta fin de semana o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense MariñaEnCanto. O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro.

O Concello de Burela explica que “participarán máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, así como de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias). O propio domingo terá lugar, no auditorio de Burela, o concerto de clausura do encontro ás 12:30 horas”.

O Concello amosa o seu agradecemento á fundación por ter elixido unha vez máis a Burela para acoller o evento.

Etiquetas:
09/02/2025

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.

Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro. 

As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro. 

 

30/01/2025

A asociación Aspanane e Fademga Plena inclusión Galicia, organizan a 5ª edición da "Xornada sobre discapacidade intelectual e saúde mental", na que convidan a participar a profesionais, familias e público en xeral, co fin de aprender e promover unha reflexión sobre o proceso de envellecemento do colectivo e o tipo e atención integral que precisa. 

O encontro terá lugar o vindeiro 7 de febreiro no Salón de Actos do Hospital da Mariña (Burela), e busca ofrecer unha visión multidisciplinar sobre os aspectos máis relevantes da saúde e o envellecemento en persoas con discapacidade intelectual, así como compartir experiencias e boas prácticas para o acompañamento e coidado en todas as etapas da vida.

Entre as ponencias cabe destacar a xeriatría como especialidade para coidar a saúde das persoas con discapacidade...

leer más
29/01/2025

A asociación musical Cova do Can presenta a primeira Noite Rock en Burela. Será o 8 de febreiro, sábado, desde as 20:00 horas.

A organización explica que é unha “xuntanza de socios/as á que calquera está invitado/a a pasalo ben con nós”. De 20:00 a 21:30 horas en L´Urbana haberá sesión rock de Dj PEPU. Ás 22:00 terá lugar a cea no restaurante a Mares. E a partir das 23:00 horas haberá sesión Rock con Dj XEVI, tamén en A Mares.

A cea é previa reserva (data límite o 7 de febreiro), cun custo de 28 euros e co seguinte menú: “entremeses variados, croquetas, calamares, cachopo, bebida, postre, café e chupito”.

27/01/2025

O Concello de Burela organiza cursos de bolillos (martes pola mañá e pola tarde), bailes de salón (martes e xoves pola tarde) e bordado (mércores pola mañá e pola tarde e xoves pola mañá).

Os cursos son para persoas empadroadas en Burela e para participar hai que inscribirse na Casa do Concello do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro.