
O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá este domingo, día 15 de marzo, ás 18:00 horas un festival infantil de baile e música tradicional. Está organizado pola Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, que “no último domingo do inverno anima a asistir a un Festival Infantil de Baile e Música Tradicional onde a xente miúda das agrupacións participantes nos ofrecerá o resultado do traballo deste longo inverno. Participarán as seccións infantil e xuvenís de Os do 21, de O Vicedo, e SCR Ledicia, de Burela. É unha actividade aberta, polo que convidamos a participar a toda a veciñanza.
Ademais a SCR Ledicia anuncia que está traballando na celebración da XL Feira do Bonito, “sobre a que teremos novidades en breve e para a que se convoca xa concurso de carteis. Nesta ocasión as datas de referencia son o 1 e 2 de agosto e a cita será nos lugares habituais”.


