
O Auditorio Municipal de Burela será o escenario do espectáculo titulado Noches Encendidas: Una noche a la luz de las velas o día 29 de novembro, sábado, ás 20:00 horas. É “un evento que renderá homenaxe a dúas das figuras máis icónicas da historia da música: Michael Jackson e Queen. O espectáculo, organizado por La Opción Producciones e Diverfest, contará con voces en directo e unha posta en escena iluminada por velas”, anuncia o Concello de Burela.
As entradas poden adquirirse na Librería Aris (antiga Atril), situada na Rúa Rosalía de Castro, 31, ademais da venda online a través de www.dentralia.com.
O Concello de Burela destaca que “Queen e Michael Jackson deixaron unha pegada profunda na historia da música e seguen a influír ás novas xeracións. En Burela preséntase un espectáculo dedicado a estes dous referentes fundamentais da música internacional”.


