Velas

Etiquetas:
18/11/2025

O Auditorio Municipal de Burela será o escenario do espectáculo titulado Noches Encendidas: Una noche a la luz de las velas o día 29 de novembro, sábado, ás 20:00 horas. É “un evento que renderá homenaxe a dúas das figuras máis icónicas da historia da música: Michael Jackson e Queen. O espectáculo, organizado por La Opción Producciones e Diverfest, contará con voces en directo e unha posta en escena iluminada por velas”, anuncia o Concello de Burela.

As entradas poden adquirirse na Librería Aris (antiga Atril), situada na Rúa Rosalía de Castro, 31, ademais da venda online a través de www.dentralia.com.

O Concello de Burela destaca que “Queen e Michael Jackson deixaron unha pegada profunda na historia da música e seguen a influír ás novas xeracións. En Burela...

leer más
Etiquetas:
11/12/2023

O local social de Bravos, en Ourol, acollerá un obradoiro de velas este sábado, 16 de decembro, ás 16:30 horas. Será impartido pola Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo.

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que explica: “é un obradoiro de velas decorativas de xel e de velas infinitas que terá lugar no local social de Bravos, Ourol, o vindeiro sábado 16 de decembro a partir das 16:30 horas. Nel poderán participar ata 20 persoas e o prezo da inscrición é de 12 euros para socias/os e de 15 euros para os que non son. Podedes realizar a inscrición a través do WhatsApp 661.866.552 ata o día 12”.