O espectáculo “Territorio Regueifa” chega a Burela este sábado, 23 de maio

A Casa da Cultura de Burela acollerá este sábado, día 23 de maio, a obra Territorio Regueifa, un espectáculo recomendado para maiores de 14 anos, de teatro, humor, música e improvisación que achega ao público a arte da regueifa a través das actuacións de dous regueifeiros e unha regueifeira.

A función chega a Burela a través da AGADIC, cunha proposta dirixida por José L. Prieto e coa coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. O elenco conta ademais coa participación do burelao Manolo Maseda, xunto con Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

A obra comezará ás 20:00 horas con entradas a 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes unha hora antes do comezo da función.