Burela acollerá concursos de karaoke os días 3 e 4 de xuño, dentro das actividades das festas patronais

Burela acollerá concursos de karaoke os días 3 de 4 de cuña, actividade incluída no programa das festas patronais. Anúnciao o Concello: “no marco do programa das festas patronais de Burela gozaremos, un ano máis, dun karaoke con retransmisión en vivo a través da canle de youtube do Concello. O mércores 3 de xuño ás 20.30 horas terá lugar a quenda do karaoke infantil e xuvenil. O xoves 4 de xuño ás 20.30 horas comezará o karaoke sénior, cunha entrada con prezo simbólico de 2 euros”.

Será no auditorio da Casa da Cultura e o prazo de inscrición para participar estará aberto dende o luns 25 ata o venres 29 de maio a través do correo electrónico: gaia@burela.org. As bases e a folla de inscrición están na web do Concello de Burela.