pintura rápida
A asociación Más Debate abriu a convocatoria do I Certame de Pintura Rápida de Ribadeo, que “ten o dobre obxectivo de dinamizar as rúas e comercios ribadenses e de supoñer unha fonte de exposición para novos talentos artísticos”. Será o día 5 de xullo, sábado.
“Os participantes rexistrados, que deberán atoparse nun rango de idade entre os 16 e 35 anos, competirán por crear o mellor cadro en apenas dez horas e apostados nas rúas da vila. Ao termo da xornada o xurado avaliará as obras e o concello entregará un cheque de 500 euros ao artista gañador. O resto dos cadros serán postos á venda en comercios adheridos ou vinculados á Asociación Comerciantes Industriais Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA) por un prezo máximo de 500 euros. As temáticas, estilos e técnicas utilizadas nos cadros non están restrinxidas e correrá a elección de cada...
leer más