
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Diego Campo -presidente da asociación cultural Fanto Fantini, que organiza o festival Osa do Mar- para “avanzar nas vías de colaboración de cara á próxima edición. A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa”.
O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, que “alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.


