En Burela farase un lazo humano solidario contra o cancro de mama o luns 19 de outubro

Con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama o Concello de Burela convida a toda a veciñanza a participar no lazo humano solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello. Será o luns 19 de outubro ás 11:00 horas na Praza do Concello.

O Concello de Burela explica que é “un xesto colectivo para compartir un momento de solidariedade e apoio a todas as persoas que viven de preto esta realidade. Porque acompañar, estar e sumar tamén importa”.