
A Coral Polifónica de Burela organiza un concerto de outono para este sábado, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Será no auditorio da Casa de Cultura burelá e, ademais da agrupación anfitrioa, participarán o coro Son Astur, de Oviedo, e o Coro dos Castros, de Cangas de Foz.
O Concello de Burela, que colabora nesta actividade, destaca que é “unha oportunidade para gozar da música e compartir unha tarde de cultura”.


