Burela acolle este venres, 23 de outubro, unha formación sobre o autocuidado do profesional impartida por Alba Burundarena

Este venres, día 23 de outubro, a Casa Consistorial de Burela acollerá a formación titulada Autocuidado do profesional: o teu sistema nervioso como guía para unha práctica sostible con nenos, nenas e adolescentes, organizada pola asociación Alborada e impartida por Alba Burundarena, psicóloga sanitaria.

Será de 9:30 a 13:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela.

O Concello de Burela tamén anuncia que a inscrición é gratuíta e hai que facela a través da web formacion.alborada.org.