Concerto

Etiquetas:
22/12/2022

A Banda Municipal de Música de Ribadeo recupera o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena, que o ano pasado non se celebrou debido á pandemia de Covid. Será o vindeiro xoves, día 29, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval con entrada de balde ata completar aforo.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo chega con Aquí como en Viena, un concerto típico destas datas que non pode faltar. O ano pasado tivemos que cancelalo polo motivo ben sabido por todos: o alto número de contaxios de Covid que había na nosa vila. Pero este ano estamos de volta con moitas ganas. Como todos os anos, este concerto estará dividido en dúas partes: a primeira cun repertorio moi ameno e variado e a segunda que xa nos traslada a Viena, con pezas da familia Strauss e algunha...

leer más
Etiquetas:
20/12/2022

Seis establecementos hostaleiros da Zona Vella de Ribadeo -A Cova, Chámalle Estopa, Cienfuegos, O Alén, O Recuncho e Ribanzo- organizan un evento para este venres, día 23, que inclúe o sorteo dun coche Volkswagen Polo e un concerto na praza José María López, do casco histórico ribadense.

O concerto, a cargo do grupo Sintético Fantástico, empezará ás 22:30 horas e o sorteo presencial será ás doce da noite. Para iso os establecementos organizadores entregaron rifas aos seus clientes nos últimos meses.

Os organizadores do evento explican que o coche que sortean “será transferido, con seguro e o depósito de combustible cheo”.

 

Etiquetas:
18/11/2022

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 17 de decembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

 

16/11/2022

A Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá o seu concerto de Santa Cilla o 19 de novembro. Será no Teatro Pastor Díaz ás 21:00 horas. 

Carlos Timiraos dirixirá o concerto Diversidade inclusiva, que ofrecerán a Banda de Música O Landro e Aspanane. 

É a banda viveirense a organizadora do evento coa que colabora a Concellería de Educación de Viveiro. 

 

14/11/2022

A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro.

O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.

David Ballester engade que “o repertorio...

leer más
Etiquetas:
13/11/2022

A Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia. 

Etiquetas:
27/10/2022

A Xunta de Galicia, a través de O Teu Xacobeo, apoia o concerto que ofrecerá o día 31 de outubro en Mondoñedo o cantante chileno Américo, Rei da Cumbia, que servirá como colofón á celebración das festas das San Lucas. 

A xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel, participou hoxe na presentación xunto co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e representantes da asociación San Lucas. O concerto comezará ás 22.00 horas na praza da Catedral e a entrada será de balde.

Etiquetas:
23/10/2022

Desde a Escola de Música de Burela sinalan: “estamos moi contentos de recibir a Andrea Vilar López novamente na Escola Municipal de Música de Burela. Esta pianista, que durante un tempo formou parte do noso profesorado, ofrecerá o vindeiro martes, 25 de outubro, ás 18:00 horas un pequeno concerto para piano nas nosas instalacións sitas na Rúa do Cancelo número 1”.

E engaden que “neste concerto, que estará aberto ao público, interpretará pezas da Fantasía Op. 12 de Robert Schumann”.

Etiquetas:
17/10/2022

O Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, 22 de outubro, o concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, que ofrecerá a Coral Polifónica ribadense. 

A actuación dará comezo ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros. 

Etiquetas:
05/09/2022

Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio. Ata agora contábamos cun Salón de Actos non moi grande e dotado de butacas, o que dificulta poder realizar nel moitos dos eventos que teñen lugar no concello. A creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen...

leer más