Concerto
A Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a actividade na nova tempada, despois dun parón por vacacións, co concerto da patroa dos músicos, Santa Cilla, que terá lugar este sábado, 19 de novembro, ás oito e media da tarde no Teatro.
O director, David Ballester Martínez anuncia: “contaremos coa incorporación dunha nova compoñente ao clarinete, Victoria López Veiga, e tamén hai que resaltar que catro das obras que imos tocar neste repertorio van estar por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Ademais, como é habitual no concerto de Santa Cilla, sempre me gusta que algúns dos compoñentes da Banda actúen como solistas. Nesta ocasión serán dous: José Luis Pulpeiro Grueso, que tocará coa súa trompa; e un clarinete, Alberto Clemente Avilés”.
David Ballester engade que “o repertorio...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo actuará o 20 de novembro na igrexa parroquial de San Pedro de Rinlo. Será ás 12:00 do mediodía para celebrar o día de Santa Cecilia.
A Xunta de Galicia, a través de O Teu Xacobeo, apoia o concerto que ofrecerá o día 31 de outubro en Mondoñedo o cantante chileno Américo, Rei da Cumbia, que servirá como colofón á celebración das festas das San Lucas.
A xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel, participou hoxe na presentación xunto co alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, e representantes da asociación San Lucas. O concerto comezará ás 22.00 horas na praza da Catedral e a entrada será de balde.
Desde a Escola de Música de Burela sinalan: “estamos moi contentos de recibir a Andrea Vilar López novamente na Escola Municipal de Música de Burela. Esta pianista, que durante un tempo formou parte do noso profesorado, ofrecerá o vindeiro martes, 25 de outubro, ás 18:00 horas un pequeno concerto para piano nas nosas instalacións sitas na Rúa do Cancelo número 1”.
E engaden que “neste concerto, que estará aberto ao público, interpretará pezas da Fantasía Op. 12 de Robert Schumann”.
O Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, 22 de outubro, o concerto solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, que ofrecerá a Coral Polifónica ribadense.
A actuación dará comezo ás 20:30 horas. O prezo da entrada solidaria será de 5 euros.
Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio. Ata agora contábamos cun Salón de Actos non moi grande e dotado de butacas, o que dificulta poder realizar nel moitos dos eventos que teñen lugar no concello. A creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, acompañado do concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron esta mañá xunto á presidenta da asociación Gaitaescola, Teresa Lodos, e do seu vicepresidente, César Picoaga, o concerto do grupo galego Treixedura e que terá lugar o vindeiro sábado 10 de setembro ás 22:30 horas, na Praza da Catedral. Este concerto engóbase no marco das festas patronais da Virxe dos Remedios, e coincidindo co X aniversario dos Cantos de Taberna.
Este evento de música tradicional galega, organizado por Gaitaescola, está xa consolidado dentro da programación cultural da localidade e atrae cada ano a unha ducia de grupos de toda Galicia que durante o serán do sábado animan as rúas e prazas do casco histórico e se estende ata a madrugada.
Treixadura, creado en 1990, está inmerso actualmente na xira...
leer másEste venres, 26 de agosto, chega a Ribadeo o Festival Locos por Galicia de Los40Classic, coa colaboración do Concello e da Xunta de Galicia.
Este festival contará coas actuacións de Rafa Sánchez e de OBK. Dará comezo ás 22:00 horas no aparcadoiro municipal con entrada libre.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima a acudir a este festival: “para gozar coa música de Rafa Sánchez e de OBK e viaxar no tempo ata as décadas máis brillantes destas formacións aló polos anos 80 e 90”.
Óscar Ibáñez & Tribo ofrecerán unha actuación en Xove, na praza do Concello, o 18 de agosto ás dez da noite. Enmárcase a cita no Concertos do Xacobeo.
Despois do grande éxito acadado no Festival Folk Celta de Ponte da Barça (Portugal) e máis no festival Almuenza Folk (Palencia) o gaiteiro e frautista pontevedrés Oscar Ibáñezchegaeste xoves18 de agosto ás 22 h á Praza do Concello de Xove, dentro da programacióndas Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme, como parte dos concertos do Xacobeo, promovido polaXunta de Galicia e o Concello de Xove. Entre agosto e setembro, e tamén dentro da programación do Xacobeo, está a levar a súa música aosconcellos de A Lama, Pontevedra,Monterrei eCortegada, Ourense; Padrón, A Coruña; e xafóradeste ciclo a finais de agosto actuará naXuntanza Internacional de Gaiteirosno Castelo de Monterrei,no que...
leer másO vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.
Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.