Concerto

Etiquetas:
03/01/2024

A Orquetra Folk de Galicia Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán mañá, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial a partires das 20:45 horas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos coas actividades de Nadal, apostamos polos musicais, polos concertos e neste caso falamos dun clásico, o concerto de reis, que xa desde oposición coa Xunta de Galicia apostábamos por eles e tamén o facemos desde o goberno”.

O rexedor explicou que “o concerto de reis este ano traerá a Ribadeo a Son de Seu, que tiñamos moitas ganas de que viñeran aquí. E actuará conxuntamente coa Coral Polifónica de Ribadeo mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto na igrexa parroquial. Este concerto de reis é xa tradicional en Ribadeo, empezamos con Amancio Prada, con Rosa Cedrón, Emilio Rúa e tamén o ano pasado...

leer más
29/12/2023

O salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Concello do Valadouro, acollerá este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas un concerto de ano vello a cargo da Banda de Música de Lourenzá.

É unha actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

21/12/2023

A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
19/12/2023

O proxecto musical e literario Na Casa Deles presentarase en Mondoñedo cun concerto do cuarteto vocal Son de Corda este venres, 22 de decembro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre.

Son De Corda (Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo) interpretarán poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral. Estarán acompañados por Raúl Rodríguez ao piano e Aldara Palmeiro co violín.

Etiquetas:
14/12/2023

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

Etiquetas:
14/12/2023

O auditorio da Casa da Cultura da Pontenova acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música pontenovesa este domingo, 17 de decembro, ás 19:00 horas.

Etiquetas:
13/12/2023

A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o sábado 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

Esta actuación leva por título “Polo Nadal, solistas!” e a entrada é de balde.

Está organizado pola Banda de Música O Landro de Viveiro coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Viveiro.

Etiquetas:
12/12/2023

O XXXII Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela celebrarase este domingo, 17 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura burelesa.

Ademais da organizadora actuarán a Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro.

Etiquetas:
27/11/2023

O Concello de Alfoz organiza un Concerto de Nadal para o día 9 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura.

Os asistentes poderán gozar do repertorio de Nadal da Banda de Música de Lourenzá.
A entrada é libre e de balde.

16/11/2023

A Banda Municipal de Música de Ribadeo, que dirixe David Ballester Martínez, estreará varias pezas e incorporará novos músicos no concerto para celebrar Santa Cilla. Será o 25 de novembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro.

O director da formación explica que “despois das pequenas vacacións que tivo a Banda Municipal de Música de Ribadeo tralas festas patronais retomamos os ensaios a finais de setembro para preparar a actuación que temos o sábado 25 de novembro ás oito e media da tarde no Teatro, que é o concerto da patroa dos músicos: Santa Cilla, Santa Cecilia ou Santa Icía, como se lle chama en diferentes lugares. Para esta actuación temos o pracer de poder dicir que vamos incorporar novos músicos. Vai estar dividida en dúas partes porque sempre no concerto de Santa Cilla algún dos músicos da banda toca como solista, pero desta volta...

leer más