Concerto

27/12/2024

Dentro do ciclo de concertos O Son do Nordeste, este sábado, día 28 de decembro, chega á Praza do Souto, de Cervo, Giulia Bianco, cantante que interpretará temas de soul e baladas pop e disco.

A actuación, que está incluída na programación de Nadal do Concello de Cervo, comezará ás 21:00 horas.

Etiquetas:
24/12/2024

A Escola Vella de Rinlo, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto este sábado, día 28 de decembro ás 18:00 horas. Actuarán Erikas e Peluxías e O Resol.

Está organizado pola asociación cultural A Tribo da Travesía e o Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
23/12/2024

A Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, ofrecerá un concerto no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz este sábado, día 28 de decembro, ás 19:30 horas.

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado temos un concerto para despedir o ano! Ás 19:30 horas os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, de O Valadouro, farannos un concerto moi emotivo. Non o perdades”.

22/12/2024

A Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.

Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.

 

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.

Etiquetas:
17/12/2024

Será ás 20:30 horas o vindeiro sábado, día 21, con entrada de balde ata completar aforo. A retirada de entradas poderá facerse unha antes na billeteira o Teatro Pastor Díaz. Desde a organización indican que se entregarán un máximo de 4 entradas por persoa. 

O concerto de Nadal está organizado pola Banda de Música O Landro, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo. 

 

Etiquetas:
13/12/2024

Óscar Rosende e a súa banda Great Straits tocarán o 28 de decembro no pavillón de deportes de Xove con entrada gratuíta. O concerto está promovido polo Concello co apoio da Xunta. 

O músico coruñés estivo hoxe na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. A actuación comezará ás 22,30 horas.

O grupo levará á Mariña o espectáculo The great songs of Dire Straits, no que renden homenaxe á mítica banda británica intepretando os seus grandes éxitos. 

A banda recalará en Xove no medio dunha xira na que teñen anunciados para o vindeiro ano grandes concertos con entradas xa á venda en cidades como Pamplona, Lisboa, Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona ou Bilbao. 

... leer más
Etiquetas:
13/12/2024

Este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Social de Vieiro terá lugar a primeira actuación do programa Concertos das Parroquias organizado polo Concello e o Conservatorio de Música de Viveiro, titulado Voz e Instrumentos.

Participarán Amigos do Folk, Jamape, Saleta Couceiro, Pedro Cora, Angelilla Requejo, Rubén Estébanez, Dolores Fernández e Guillermo Vilar.

Xesús Chao da Silva encargarase da apertura do acto, que será presentado por Roque A. Barreiro Fanego

Nesta actividade do Concello de Viveiro colabora a Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro Asociación Melomanía.

Etiquetas:
13/12/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acolle este venres, día 13 de decembro, ás 20:30 horas un concerto dos grupos musicais Lora Hace Pam e Kornucopia.

Lora Hace Pam e un grupo punk formado por músicos de Foz e Lugo, mentres que Kornucopia é unha formación ribadense de folk e rock

O prezo da entrada é de 10 euros, que se vende anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.

Este concerto está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e colabora o Círculo Habanero da Devesa.

01/12/2024

A asociación mindoniense Sendeiriña organiza o II Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas na Catedral de Mondoñedo.

“Tras o éxito da Primeira Edición do Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño en 2023, temos o pracer de anunciar a segunda edición deste evento tan especial, organizado pola Asociación Sendeiriña en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Contaremos coa participación da Coral Polifónica de Ribadeo e da Coral da Asociación Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo, que nos deleitarán cun repertorio de fermosas panxoliñas para celebrar estas datas tan sinaladas. Unha ocasión perfecta para gozar da música coral nun escenario único e máxico. Non volo perdades”, anuncia a asociación Sendeiriña, de Mondoñedo.