Concerto

Etiquetas:
17/02/2024

Dentro das actividades anuais programadas pola Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, o sábado 24 de febreiro ás 20:00 horas haberá un concerto coral a cargo da agrupación Polifónica Coruñesa Canticorum.

Será no auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, con entrada libre.

 

Etiquetas:
13/02/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto para público familiar do grupo de percusión Odaiko. Será o sábado 24 de febreiro ás 18:00 horas con entrada libre. Está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Burela.

O grupo galego Odaiko está integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz. Formouse en Holanda no ano 2003 e nos seus espectáculos mestúrase o humor coa a música, que interpretan con diferentes tipos de instrumentos de percusión, algúns deles moi singulares.

 

Etiquetas:
10/01/2024

Ribadeo pon o broche final á programación de Nadal co concerto que ofrecerán Emilio Rúa e o Coro Sagrado Corazón este venres, día 12, ás 20:45 horas na igrexa parroquial.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinala que “imos despedir a nosa programación de Nadal con esta actuación do Coro Sagrado Corazón xunto a Emilio Rúa, que ofrecerán un Concerto de Reis moi especial. Neste concerto haberá ocasión de desfrutar das voces de Emilio e do Coro por separado e en conxunto interpretando diversas panxoliñas. Animamos a toda a veciñanza a achegarse este venres á igrexa parroquial de Ribadeo”.

A edil ribadense indica que “con este acto remata máis dun mes dunha ampla e variada programación que arrincaba en decembro co Mercado do Nadal e na que desde o Concello quixemos facer de Ribadeo o referente da comarca astur...

leer más
Etiquetas:
06/01/2024

Este domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.

As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.

03/01/2024

O Multiusos Ponte de Cuñas, de Vilanova de Lourenzá, acollerá un evento cultural este domingo, 7 de xaneiro, ás 18:30 horas para conmemorar o 111 aniversario do nacemento de Francisco Fernández del Riego.

O cartel deste acto, titulado “Soa don Paco”, inclúe actuacións da Banda de Música de Foz, Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

A organización do evento explica que “o 7 de xaneiro de 1913, cando xa ían de retirada os Reis Magos, nacía en Vilanova de Lourenzá o naipelo Francisco Fernández del Riego. Este vindeiro domingo celebraremos os 111 anos desta ditosa nova e farémolo para por un broche de ouro a un ano máxico para Lourenzá: o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao noso veciño máis universal, don Paco del Riego, e o ano no que Lourenzá se converteu no epicentro...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A Orquetra Folk de Galicia Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán mañá, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial a partires das 20:45 horas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos coas actividades de Nadal, apostamos polos musicais, polos concertos e neste caso falamos dun clásico, o concerto de reis, que xa desde oposición coa Xunta de Galicia apostábamos por eles e tamén o facemos desde o goberno”.

O rexedor explicou que “o concerto de reis este ano traerá a Ribadeo a Son de Seu, que tiñamos moitas ganas de que viñeran aquí. E actuará conxuntamente coa Coral Polifónica de Ribadeo mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto na igrexa parroquial. Este concerto de reis é xa tradicional en Ribadeo, empezamos con Amancio Prada, con Rosa Cedrón, Emilio Rúa e tamén o ano pasado...

leer más
29/12/2023

O salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Concello do Valadouro, acollerá este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas un concerto de ano vello a cargo da Banda de Música de Lourenzá.

É unha actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

21/12/2023

A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
19/12/2023

O proxecto musical e literario Na Casa Deles presentarase en Mondoñedo cun concerto do cuarteto vocal Son de Corda este venres, 22 de decembro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre.

Son De Corda (Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo) interpretarán poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral. Estarán acompañados por Raúl Rodríguez ao piano e Aldara Palmeiro co violín.

Etiquetas:
14/12/2023

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.