O grupo Estrellas de Buena Vista y Más encherá de ritmos cubanos o XI Ribadeo Indiano o 12 de xullo

O grupo Estrellas de Buena Vista y Más ofrecerá o concerto estelar do XI Ribadeo Indiano o vindeiro 12 de xullo na rúa San Roque. A formación cubana porá o punto final a tres días de irmandade cultural.

A organización do Ribadeo Indiano explica que Estrellas de Buena Vista y Más “naceu en 2021 baixo a dirección musical de Pancho Amat, recoñecido como o mellor tresero do mundo. O proxecto xurdiu coa misión de preservar o patrimonio do Buena Vista Social Club. O grupo está conformado por membros orixinais e novas xeracións de talentosos músicos, que buscan transmitir as raíces más profundas da música cubana, respectando as tradicións e integrando influencias contemporáneas que enriquezan o seu repertorio. Comparten alegría e ritmo vibrante nas súas actuacións, nas que combinan a experiencia dunha parte dos seus compoñente coa frescura dos novos talentos, algo que garante un espectáculo único que celebra a herdanza musical de Cuba e conecta con novas xeracións. Estrellas de Buena Vista y Más está formada por 16 talentosos músicos, entre os que se atopan figuras como Carlos Calunga, Lázaro Villa ou Pancho Amat”.

O XI Ribadeo Indiano está organizado polo Concello de Ribadeo e Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.