Vinoteca
A Vinoteca Ultramarinos Fumarel de Ribadeo está a elaborar un viño propio, xunto ao prestixioso enólogo Roberto Regal, dun viñedo situado na Ribeira Sacra. Na vindeira primavera poderán degustarse estes caldos creados dentro dun proxecto de viticultura sostible.
O propietario de Fumarel e promotor desta iniciativa, Gervasio Cao, explica que os viñedos dos que van saír os seus viños están “na zona da ribeira do Miño desde Taboada a Chantada, que é espectacular. Con motivo de que comprei a este enólogo dous viños seus para vender no noso local, convidoume a ir a bodega e quedei moi sorprendido. Este rapaz pretende recuperar esa zona, onde os propietarios son o 90 por cento particulares, colleu unha adega e está levando a xestión de varios viñedos, ademais de facer os seus propios viños”.
Cao engadiu que “é un...
leer más