Concerto
Este xoves, día 22 de agosto, ás 21 horas na terraza da Casa da Cultura do Vicedo haberá o concerto "As Mulleres Creadoras", no que Silvia Penide e Carla López interpretarán música de artistas como Amaral, Ses, Guadi Galego, Patti Smith, etcétera. Esta actividade forma parte das actividades de animación á lectura de Ler Conta Moito.
O Concello do Vicedo tamén anuncia que “para rematar a semana sociocultural o venres ás 21 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios e coloquio cos participantes no Concurso de Fotografía Turística O Vicedo; un pequeno acto onde se entregarán os premios e falaremos entre todos das fotografías presentadas”.
A Praza José María López será escenario este domingo, 11 de agosto, ás 20.30 horas, do concerto de Durden , que se enmarca dentro do Vendaval Fest. O evento está organizado pola asociación Catro Caños, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Acisa.
A Xunta patrocina o concerto de Walls o sábado 3 de agosto en Burela no marco da programación da 38ª Feira do Bonito. O artista de música urbana procedente de Murcia actuará arredor das doce da noite na explanada portuaria.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asegurou que o Goberno galego fixo un importante esforzo económico para traer a este músico por petición expresa da asociación Ledicia, organizadora do evento. A feira, que se celebrará os días 3 e 4, conta tamén co apoio da Xunta para cubrir os gastos de organización e difusión, como é habitual.
Arias destacou o traballo de Ledicia e de todas as institucións e entidades colaboradoras por impulsar esta cita declarada Festa de Interese Turístico Nacional, “que constitúe un escaparate perfecto para exaltar a calidade do bonito de Burela e para...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.
O concerto que ofrecerá Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, no IX Ribadeo Indiano adiántase ás sete da tarde. O sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas será ás nove.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “desde a organización do Ribadeo Indiano queremos informar que debido ao pase á final da selección de fútbol e coincidir en horarios decidiuse que o concerto de Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, se adiante ás sete da tarde. Deste xeito poderemos disfrutar dun fermoso concerto e despois animar á nosa selección”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “unha vez que remate o concerto de Vicente García o vindeiro 14 de xullo ás nove da noite terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano. Será un sorteo presencial e rápido, que resolveremos en poucos...
leer másO Concello de Burela convida á veciñanza a asistir ao concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música, actuación que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 20:00 horas deste mércores, día 19 de xuño.
Este vindeiro domingo Dry Martini actuará a partires das 13:00 horas na Praza de Abaixo para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. O Domingueo en Ribadeo xa pasou polo porto, pola rúa San Francisco, pola Praza de Abastos, pola Avenida Rosalía de Castro e pola rúa San Roque. Este ciclo de concertos rematará a principios do vindeiro mes de xullo.
Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento".
A Casa da Cultural do Valadouro acollerá un concerto fin de curso da orquestra Sinfónico Sinfónico no Rural, que é un proxecto da Fundación Xesús Bal y Gay. Será o luns 17 de xuño ás 16:30 horas.
O Concello de Burela acollerá este sábado 15 de xuño, na Casa da Cultura, unha actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, dirixida a un público familiar.
O concerto desta banda de música infantil en galego será gratuíto, e servirá para celebrar a fin do curso e pechar a tempada de actuacións organizadas polo Concello no primeiro semestre do ano.
“Este evento será o último deste semestre contratado a través do convenio coa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC”, explica a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
“Dende o Concello xa estamos a preparar a programación do seguinte semestre, que de seguro estará chea de espectáculos tan destacados como o deste sábado”, engade Gómez.
O concerto terá lugar ás 18:00 do día 15 de xuño no auditorio da Casa da Cultura...
leer másA Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra ofrecerá un concerto o vindeiro sábado, 15 de xuño, no Cine Teatro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “o próximo sábado, día 15 de xuño, ás 20:30 horas no Cine Teatro, estamos invitados ó concerto do Día das Forzas Armadas”.
A edil ribadense explicou que “será a Unidade de Música do Cuartel Xeral de Apoio á Manobra do Exército de Terra, a que nos deleite cun concerto, con música de diferentes estilos, non só música militar. Para poder asistir hai que recoller a invitación, de balde, na Casa do Viejo Pancho en horario de 9:00 a 14:00 horas. Vémonos no Teatro”.











