Concerto

22/12/2024

A Escola Municipal de Música de Xove organiza un Concerto de Nadal para o 26 de decembro, xoves.

Será ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico.

 

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.

Etiquetas:
17/12/2024

Será ás 20:30 horas o vindeiro sábado, día 21, con entrada de balde ata completar aforo. A retirada de entradas poderá facerse unha antes na billeteira o Teatro Pastor Díaz. Desde a organización indican que se entregarán un máximo de 4 entradas por persoa. 

O concerto de Nadal está organizado pola Banda de Música O Landro, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo. 

 

Etiquetas:
13/12/2024

Óscar Rosende e a súa banda Great Straits tocarán o 28 de decembro no pavillón de deportes de Xove con entrada gratuíta. O concerto está promovido polo Concello co apoio da Xunta. 

O músico coruñés estivo hoxe na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. A actuación comezará ás 22,30 horas.

O grupo levará á Mariña o espectáculo The great songs of Dire Straits, no que renden homenaxe á mítica banda británica intepretando os seus grandes éxitos. 

A banda recalará en Xove no medio dunha xira na que teñen anunciados para o vindeiro ano grandes concertos con entradas xa á venda en cidades como Pamplona, Lisboa, Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona ou Bilbao. 

... leer más
Etiquetas:
13/12/2024

Este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Social de Vieiro terá lugar a primeira actuación do programa Concertos das Parroquias organizado polo Concello e o Conservatorio de Música de Viveiro, titulado Voz e Instrumentos.

Participarán Amigos do Folk, Jamape, Saleta Couceiro, Pedro Cora, Angelilla Requejo, Rubén Estébanez, Dolores Fernández e Guillermo Vilar.

Xesús Chao da Silva encargarase da apertura do acto, que será presentado por Roque A. Barreiro Fanego

Nesta actividade do Concello de Viveiro colabora a Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro Asociación Melomanía.

Etiquetas:
13/12/2024

O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acolle este venres, día 13 de decembro, ás 20:30 horas un concerto dos grupos musicais Lora Hace Pam e Kornucopia.

Lora Hace Pam e un grupo punk formado por músicos de Foz e Lugo, mentres que Kornucopia é unha formación ribadense de folk e rock

O prezo da entrada é de 10 euros, que se vende anticipadamente en Libraría Bahía, en Foz e Ribadeo.

Este concerto está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía e colabora o Círculo Habanero da Devesa.

01/12/2024

A asociación mindoniense Sendeiriña organiza o II Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas na Catedral de Mondoñedo.

“Tras o éxito da Primeira Edición do Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño en 2023, temos o pracer de anunciar a segunda edición deste evento tan especial, organizado pola Asociación Sendeiriña en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Contaremos coa participación da Coral Polifónica de Ribadeo e da Coral da Asociación Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo, que nos deleitarán cun repertorio de fermosas panxoliñas para celebrar estas datas tan sinaladas. Unha ocasión perfecta para gozar da música coral nun escenario único e máxico. Non volo perdades”, anuncia a asociación Sendeiriña, de Mondoñedo.

26/11/2024

O Concello de Lourenzá conmemora este sábado, día 30 de novembro, o día contra violencia de xénero cun concerto pola igualdade titulado Las Sinsombrero, do cantautor Paco Damas, que estará acompañado de nove nenos e nenas de Lourenzá que lerán poemas das poetas da xeración do 27. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 19:00 horas.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “con este concerto pretendemos dar visibilidade á muller na cultura e na educación e sobre todo defender a igualdade e a non violencia de xénero. Las Sinsombrero é un proxecto do compositor granadino Paco Damas, producido e arranxado por Ludovico Vagnone e Pepe Dougan. A actuación resume ese espírito de compromiso coa igualdade, a visibilidade da muller e a loita contra esa lacra da nosa sociedade que é a violencia de xénero. Este concerto forma...

leer más
15/11/2024

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro mércores, 20 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos, que será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario do auditorio pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, darán forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto. 

Esta actuación é a previa do gran Festival de Nadal que a Escola celebrará o 14 de decembro tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a todas e todos os ribadenses a...

leer más
08/11/2024

Desde a organización indican que “tras su paso arrollador hace 3 años en el Resurrection Fest con su gira 50 HEAVY METAL YEARS, los británicos Judas Priest regresan a nuestra casa para celebrar nuestro aniversario y también el de uno de sus mejores discos”.

Y añaden: “dentro de la gira The Shield of Pain Tour, Rob Halford y los suyos no sólo presentarán su reciente trabajo de estudio Invincible Shield, sino que además celebrarán los 35 años del lanzamiento de uno de sus mejores trabajos, Painkiller. Tampoco podrán faltar en directo una gran parte de los himnos de la banda, así que los fans del heavy metal no podrán perderse esta cita”.

Los organizadores destacan que “a día de hoy son una de las principales bandas de heavy a nivel mundial y, junto a los ya confirmados Slipknot, Judas Priest serán otro...

leer más