
A asociación Esperanza Loita Contra o Cancro organiza un concerto benéfico na Casa da Cultura de Burela para o día 7 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas.
“En Esperanza xa temos listo o próximo evento co que conmemoraremos o día mundial da loita contra o cáncer. O III concerto benéfico Esperanza xa está en marcha. Por iso desde aquí invitámoste a vivir unha noite máxica onde cada acorde será un abrazo e cada entrada unha oportunidade de vida. Non é só música, é a nosa forma de dicirlles aos que loitan que non están sos. Unamos todas as nosas voces para que a esperanza soe máis forte que nunca. Ven compartir unha noite diferente e inesquecible por unha causa que nos toca a tod@s. Todo o recadado irá destinado a proxectos de investigación para seguir loitando contra o cáncer. E recorda: se non podes asistir podedes colaborar mediante unha doazón na Fila O”, anuncia o colectivo organizador do concerto.


