
O concerto do dúo Caamaño&Ameixeiras, incluído no ciclo Maraxes da Osa, celebrarase finalmente na Praza do Concello de Burela este sábado, día 28 de xuño, ás 21:00 horas e será de balde.
“Non perdades a oportunidade de ver en directo unha das propostas máis frescas e vibrantes da nova música tradicional galega”, anuncia o Concello de Burela.