Coral Polifónica

30/08/2026

O Concello de Ribadeo anuncia que o vindeiro martes, día 1 de setembro, ás 20:30 horas o Teatro ribadense acollerá “unha noite moi especial da man da Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Un concerto no que a música e o cine se unen cun fin solidario: a recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro”.

O prezo da entrada solidaria é de 6 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.

A presidenta da Coral Polifónica de Ribadeo, Gloria Rodríguez Saavedra, explica que as persoas que non poden asistir ao concerto pero queren colaborar “teñen á súa disposición unha Fila 0 na que se poderán ingresar os donativos, se así o desexan: Asociación Española Contra el Cáncer (número de conta ES53 0049 0091 0526 1534 5101)”.

17/12/2024

Este sábado, día 21 de decembro a Coral Polifónica de Burela ofrecerá pequenos concertos de panxoliñas en distintos lugares da súa localidade: ás 19:00 horas no exterior da igrexa de Vila do Medio, ás 19:45 no exterior da igrexa parroquial e ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza da Mariña.

“Estaremos poñendo un pouquiño de ambiente de Nadal coas nosas panxoliñas, así que convidámosvos a saír á rúa, dar un paseíño e participar destes ratiños de música”, anuncia a Coral Polifónica de Burela.

 

22/11/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a patroa da música, Santa Cilla, cun concerto na igrexa ribadense do convento de Santa Clara este domingo, día 24 de novembro, ás 13:00 horas.

Será unha actuación en lembranza do primeiro director da Coral Polifónica de Ribadeo, Carlos Álvarez Fernández-Cid, no 40º aniversario do seu pasamento.