
O Concello de Ribadeo anuncia que o vindeiro martes, día 1 de setembro, ás 20:30 horas o Teatro ribadense acollerá “unha noite moi especial da man da Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Un concerto no que a música e o cine se unen cun fin solidario: a recadación será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro”.
O prezo da entrada solidaria é de 6 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.
A presidenta da Coral Polifónica de Ribadeo, Gloria Rodríguez Saavedra, explica que as persoas que non poden asistir ao concerto pero queren colaborar “teñen á súa disposición unha Fila 0 na que se poderán ingresar os donativos, se así o desexan: Asociación Española Contra el Cáncer (número de conta ES53 0049 0091 0526 1534 5101)”.


