Nadal
O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición dos obradoiros de Nadal, dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos que estuden nalgún dos centros educativos do municipio. Terán lugar os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e mais os días 2 e 3 de xaneiro. Haberá xogos, experimentos, música e máis actividades. É de balde e a inscrición será mediante formulario online no enderezo https://docs.google.com/.../1FAIpQLSeMf1_Uw.../viewform
“Son uns obradoiros para favorecer que os nenos teñan actividades durante todos os días do Nadal”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que engade: “xa se levan facendo moito tempo en Viveiro e sempre funcionan, polo que agardamos que, un ano máis, tanto as familias como os nenos estean contentos e...
leer másEste domingo, día 22 de decembro, celebrarase a décima edición da carreira Run Foz Run Nadal.
A organización deste evento deportivo anuncia: “chega o Nadal e con el a IX Run Foz Run Nadal 2024, a 11ª carreira do circuíto de carreiras Duacode RFR24 e a derradeira que coroará aos gañadores/as desta edición. Unha edición que chega con numerosas novidades e un programa repleto de diversión, deporte e familia. O evento presentouse oficialmente este martes, 17 de decembro, acto ao que acudiron membros do equipo municipal, representantes da directiva do Atletismo Ría de Foz e o presidente da ACIA e CCA de Foz. Destacaron a alta participación (preto dos 350 inscritos) e ambiente que se espera e un programa para todas as idades con actuacións máxicas, andaina popular, feira do corredor, talleres e xogos de mesa, carreiras populares para todas as...
leer másO Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado, 21 de decembro, o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.
O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.
Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.
O Concello de Xove organiza un mercado de Nadal, chamado O Faio de Generosa. Será desde o sábado 21 ata o luns 23 de decembro das 11:00 ás 14:30 e das 17:00 ás 21:00 horas.
Un paxe dos Reis Magos visitará O Faio de Generosa o sábado ás 18:00 horas e este acto inclúe un espectáculo de contacontos infantil.
Haberá comercios abertos o domingo 22 en horario do mercado e establecementos hostaleiros que ofrecerán un menú especial ese día.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un campamento de Nadal dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos empadroados no concello. Levarase a cabo dende o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 no Edificio Multiusos e no pavillón polideportivo.
As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 19 de decembro.
Será ás 20:30 horas o vindeiro sábado, día 21, con entrada de balde ata completar aforo. A retirada de entradas poderá facerse unha antes na billeteira o Teatro Pastor Díaz. Desde a organización indican que se entregarán un máximo de 4 entradas por persoa.
O concerto de Nadal está organizado pola Banda de Música O Landro, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza una comida de Nadal para este sábado, día 21 de decembro. Será ás 14:30 horas na Casa A Penela, de Vilamor (Mondoñedo).
A comida celebrarase despois da asemblea xeral ordinaria da asociación, que terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá e esta programada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
O prezo é de 25 euros e o prazo de inscrición para participar remata este mércores, 18 de decembro. Para anotarse hai que facelo a través do teléfono 619.37.80. 29 (Lupe).
O Concello da Pontenova organiza un campamento de Nadal os días 23, 24, 26, 27,30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Esta actividade é para nenas e nenos de 3 a 14 anos de idade. Hai un límite de 50 prazas, por orde de inscrición.
Os prezos son: 30 euros para empadroados na Pontenova e 50 para os que non o están.
A inscrición pode facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77 e o prazo remata este xoves, día 19 de decembro.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron hoxe a programación especial de Nadal do Concello de Xove para as vindeiras semanas.
Aínda que as actividades xa comezaron o día 5 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, o programa dará inicio oficialmente o próximo 20 de decembro coa chegada de Papá Noel á Residencia de San Bartolomeu e despois á festa infantil que terá lugar ás 17:30 no Pavillón Municipal de Deportes.
O programa está cheo de eventos que son un éxito cada ano, coma a VI Gala do Emprendemento Local, o 20 de decembro, o Concerto de Nadal da Escola de Música e Orquestra Clásica de Xove, o 26 de decembro, o popular XII Concurso de Karaoke o venres, 27 de decembro, e a imprescindible Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro. Este ano, como novidade,...
leer másO Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o mércores 18 de decembro ás 14:30 horas.
O menú será: fabada asturiana, codillo ó forno con patacas fritas, tarta de Riotorto e café. O prezo é de 25 euros por persoa.
Da música encargarase o dúo Dilema.
As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos Centros Veciñais ou na Casa do Concello antes do 15 de decembro.












