Nadal

Etiquetas:
03/12/2024

O Mercadiño no Nadal de Barreiros, que se celebrará este domingo, día 8 de decembro, de 11h a 20 horas inclúe numerosas actividades, como actuacións musicais, degustación, obradoiros e sorteos.

O Concello anuncia o programa de actividades: “ás 11:00 horas apertura dos postos coa actuación do grupo de gaitas da A.F. O Arco da Vella; ás 12:00 horas o grupo Condensadores de fluzo seguirá co fío musical do Mercadiño; de 12:00 a 14:30 horas contaremos cunha food truck da Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga), na que degustaremos distintas elaboracións realizadas con produtos de produtores locais (Faba de Lourenzá con Galiña de Mos, croqueta de cordeiro de raza Ovella Galega e hamburguesa de poldro de Pura Raza Galega); será de balde previa compra nalgún dos postos do mercadiño; ás 16:00 horas será o taller de coroas de Nadal...

leer más
02/12/2024

O Concello de Cervo convoca o certame de poesía infantil Nadal 2024. Cada autor/a pode presentar os traballos que desexe; deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a.

Hai tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o día 20 de decembro.

O fallo do xurado farase público en xaneiro de 2025. Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.

Etiquetas:
02/12/2024

Alfoz terá actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro, todas elas con entrada de balde.

O Concello de Alfoz anuncia: “chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas dende a Área de Cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inaugurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00 ata as 20:00 horas estará Papá Noel para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles,...

leer más
Etiquetas:
02/12/2024

O Concello de Trabada anuncia que este mércores, día 4 de decembro, abrirase o prazo de inscrición para o seu Campamento de Nadal 2024-2025. Desenvolverase entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 e incluirá obradoiros, cinema, xogos e moitas máis actividades.

As inscricións no mesmo poderán ser realizadas na Casa do Concello ata o 13 de decembro. Serán gratuítas, pero as prazas son limitadas, polo que se asignarán por orde de inscrición.

Trátase dunha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que estean empadroados ou que teña familiares empadroados no concello de Trabada.

O alcalde, Rubén García Freije, destaca “o compromiso do Concello con impulsar a conciliación familiar a través de propostas de ocio e lecer para a cativada como esta....

leer más
Etiquetas:
01/12/2024

O Concello de Burela anuncia que acenderá as súas luces de Nadal o venres 6 de decembro na Praza do Concello “cunha gran celebración. A partir das 17:30 horas haberá pintacaras, animación infantil, chocolatada, música e panxoliñas”.

O acendido do alumeado de Nadal será ás 19:00 horas.

Etiquetas:
28/11/2024

O campus será impartido por adestradores e xogadores do Ribadeo FC e da SD Ribadeo no campo de fútbol O Outeiro, na Devesa, en horario de 10 a 14 horas os días 23, 26, 27, 28 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 637 870 316 ou ao correo electrónico ribadeofutbolc@gmail.com 

Na presentación Dani Moirón, coordinador deportivo do Ribadeo FC explicou que “el Ribadeo FC celebra su primer campus de Navidad con la idea de promover valores deportivos y humanos, hábitos saludables y positivos, ayudar a la conciliación familiar y expandir el sentimiento ribadense”. E subliñou que “niños y niñas podrán disfrutar durante ocho días de la mejor formación a nivel futbolístico. El horario será de 10 a...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

O 30 de novembro arrinca o Nadal en Ribadeo. Hoxe foi presentada a programación no Parque de San Francisco. 

O alcalde, Dani Vega, manifestou que “chega o Nadal e toda unha programación repleta de actividades. Comezamos esta fin de semana, o dia 30, acendendo o alumeado e tamén comeza o Mercado de Nadal. E a partir de aí todo un mes cheo de actividades que debemos agradecer aos colectivos, ás asociacións e tamén aos técnicos municipais. O Nadal en Ribadeo está saíndo moi ben por segundo ano porque hai unha organización, hai unha programación, pero tamén hai unha colaboración por parte de todos. E iso é de agradecer a colectivos, asociacións e a todos os técnicos municipais”. 

O rexedor dixo: “nestes segundos de explicación é imposible resumir todo o que temos neste mes. Pero si destacar que temos actividades...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

En Foz celebrarase un Festival de Nadal con concerto de panxoliñas o día 14 de decembro, sábado, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila focega.

Este evento musical está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará xunto ao grupo local Mar Aberto.

Etiquetas:
27/11/2024

O domingo 8 de decembro daranse cita na Praza do Concello de Barreiros unha trintena de postos acompañados de diversas actividades relacionadas co Nadal, nos que a veciñanza e visitantes poderán gozar dunha xornada festiva de 11 a 20 horas.

O evento contará con carpa e realizaranse diversas degustacións ao longo do día.

Estará organizado pola Concellería de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros contando co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Etiquetas:
26/11/2024

O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.