Nadal

Etiquetas:
02/12/2025

Barreiros celebra o seu Mercadiño no Nadal este domingo, día 7 de decembro. Será na Praza do Concello e comezará ás 11:00 horas, cando abrirán os postos e actuará o grupo de gaitas da AF O Arco da Vella.

As actividades continuará ás 12 horas cun taller de Nadal sobre guirnaldas, con inscrición previa, e haberá música en directo con Two in the mirror.

De 12:30 a 14:30 horas farase unha degustación de elaboracións de porco celta (ata rematar existencias). Ás 17:00 horas comezarán uns obradoiros infantís de Nadal e dinamización infantil, ás 18:00 horas haberá Chocolatada de balde e ás 20 horas terá lugar un sorteo de cestas e pechará o mercadiño.

Durante toda a xornada haberá un posto de libros solidarios a prol da asociación Guillem Veiga Iglesias, de Barreiros.

Etiquetas:
02/12/2025

O Concello de Xove, a través do Departamento de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, e do seu servizo de conciliación, denominado Xove Concilia, vén de abrir as inscricións, ata o vindeiro 13 de decembro, para o programa Xove Concilia Nadal 2025-2026. Este programa ofrece un servizo de conciliación familiar para a veciñanza con nenos e nenas de 3 a 10 anos, desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, ambos incluídos, desde as 8:45 ás 14:00 h. As familias que o necesiten facer uso do programa Xove Concilia Nadal poderán realizar as inscricións achegándose ata a Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou ben a través da Sede Electrónica do Concello de Xove.

“O servizo, levado a cabo por monitoras e monitores profesionais, contará con actividades lúdicas e educativas de calidade, que promoven valores...

leer más
Etiquetas:
02/12/2025

O Concello de Foz en colaboración coa ACIA organizan un novo percorrido polo alumeado de Nadal da vila no que os protagonistas especiais serán Shin-Chan e os seus amigos: O Nadal de Foz-Chan.

 “Shinnosuke Noara ten cinco anos e vive coa súa familia na cidade de Kasukabe, no Xapón. Shin-Chan pediulle aos seus pais viaxar a Foz nestas datas para poder desfrutar do famoso alumeado de Nadal da nosa vila. Hiroshi é moi despistado e de seguro vaslle ter que axudar a atopar á familia e amigos para a viaxe de volta. Shin-Chan, Misae, Hiroshi, Himawari, Nevado, Nené, Kazama, Masao e Boo-Chan estarán repartidos polo alumeado das nosas rúas. Nos locais da ACIA, no Concello, na Casa da Cultura e no Cenima poderás atopar os trípticos onde anotar o edificio público ou rúa no que está situado cada un dos personaxes. Os folletos coa información...

leer más
Etiquetas:
02/12/2025

A iluminación de Nadal de Xove será inaugurada este xoves, día 4 de decembro, ás 18:30 horas. No acto, que se celebrará na Praza do Concello, haberá panxoliñas a cargo das voces e instrumentos do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove.

O Concello anuncia que “Xove comeza o programa de Nadal este xoves, 4 de decembro, co tradicional acendido das luces, nunha fermosa cerimonia a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove. Un momento máxico para dar inicio a unha das épocas máis especiais do ano Xove”.

Etiquetas:
01/12/2025

A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns, 1 de decembro, “cunha morea de actividades, concursos e sorteos. Serán 6.000 euros en premios, repartidos en 2.400 euros no calendario de advento e 3.600 euros no sorteo de 3 soldos de 1.200 euros, que este ano trae novidades.

O primeiro sorteo arranca este luns, 1 de decembro, e durará ata o día 24, co calendario de advento do comercio local, que repartirá un premio valorado en 100 euros cada día. Os clientes poderán participar subindo os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados á APP VIVEIROCCH. Para o premio de cada día só serán válidos os tíckets dese día e o sorteo realizarase ó dia seguinte descubrindo o premio que corresponde, polo que cada día será unha sorpresa.

O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro tamén anuncia: “o seguinte sorteo será o noso clásico de Nadal, o...

leer más
Etiquetas:
01/12/2025

O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha do Campamento de Nadal 2025-2026, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio ou con familiares empadroados. O campamento desenvolverase do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas, e incluirá obradoiros, talleres, xogos e outras sorpresas, ofrecendo ás crianzas “un espazo seguro e educativo durante as vacacións escolares”.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 16 de decembro nas oficinas do Concello. As prazas son limitadas.

O alcalde de Trabada destacou a importancia desta iniciativa como parte das políticas de apoio ás familias: “dende o Concello de Trabada organizamos un ano máis este campamento de Nadal, un programa de conciliación que ofertamos para as nosas familias e dedicado aos nenos e...

leer más
Etiquetas:
30/11/2025

O venres 5 de decembro o Concello de Foz pulsará o interruptor do Nadal e dá comezo a todas as súas actividades. O primeiro paso será acender a iluminación de Nadal instalada. A glorieta de Vilalba, na que está colocado un boneco de neve de máis de 6 metros de altura, será o lugar onde se pulse o interruptor, ás 18.30 horas e coa música da Banda de Música e a Escola Municipal de Música.

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que “este é o primeiro acto dos múltiples que se organizan este Nadal en Foz. Coa iluminación teremos a visita dun novo personaxe moi coñecido por pequenos e maiores, que irá ao Concello e ao que atoparemos tamén por rúas, prazas e edificios municipais”.

Esa mesma fin de semana, o sábado 6 ás 19.00 horas na Sala Bahía, haberá Noite de Góspel en Foz con Aba Taano. As entradas poden adquirirse...

leer más
Etiquetas:
28/11/2025

O Concello de Trabada organiza -xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira- para o sábado, 20 de decembro, unha nova edición do Mercadiño de Nadal, que terá lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada inclúe actividades para todas as idades, música en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artesáns, así como propostas especialmente dirixidas ao público infantil.

O Mercadiño comezará ás 11:30 horas coa apertura oficial. Ás 12:00 horas terá lugar unha exposición fotográfica a cargo da Asociación Cultural O Veigello de Villaformán, seguida ás 12:30 horas dun obradoiro de postais de Nadal destinado aos máis pequenos e pequenas.

A música será outra das protagonistas da xornada. Ás 13:00 horas o músico Vadim Yukhnevich ofrecerá unha actuación...

leer más
Etiquetas:
27/11/2025

Pista de xeo, Ribaxogo e musicais son algunhas das propostas de Ribadeo para este Nadal. A programación foi presentada este xoves.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a programación do Nadal 2025 en Ribadeo inclúe moitas citas culturais, como Ribadeo canta ó Nadal este venres despois do acendido do alumeado navideño. Teremos Noite de Góspel, co grupo africano Aba Taano, o día 5 no auditorio; Festival de Nadal da EMMeD o día 13; concerto de panxoliñas con varias corais o 21 na igrexa parroquial e da Banda Municipal de Música de Ribadeo no auditorio o 27”.

A edil ribadense engadiu: “gozaremos dun concerto a dúo de Ughía Pedreira o 28, dentro da programación Nadal en Rede da Xunta de Galicia. E non podían faltar actividades para a picaraxada: teatro familiar con Trécola teatro o...

leer más
Etiquetas:
26/11/2025

O Parque de San Francisco acollerá unha nova edición do Mercado do Nadal de Ribadeo do 28 de novembro ao 8 de decembro.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “debido a razóns de índole técnica desde o Concello vímonos na obriga de trasladar o Mercado do Nadal ao Parque de San Francisco. Este ano tiñamos previsto que estivese situado a carón da Praza de Abastos, pero non foi posible”.

O XX Mercado do Nadal será do 28 de novembro ao 8 de decembro en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.

O acto de inauguración terá lugar despois do acendido do alumeado de Nadal, previsto para este venres ás 19:00 horas nas Catro Calles. A clausura está prevista para o 8 de decembro a mediodía.