Nadal
Ata o 15 de novembro está aberta a inscrición para participar no Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 1 ao 10 de decembro na contorna da praza de abastos.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello xa estamos a organizar todas as actividades entorno ao Nadal e empezamos por este Mercado tradicional. Terá lugar do 1 ao 10 de decembro e este mítico e singular Mercado do Nadal preséntase como un espazo de cheo de oportunidades para todos os profesionais da artesanía, do deseño e da gastronomía. Vai funcionar como unha plataforma onde se visualiza perfectamente o traballo de cada profesional e o talento creativo”.
O rexedor subliñou que “como novidades este ano no Mercado do Nadal incrementamos os días de duración, collemos dúas fins de semana, que iso realmente é importante á hora das vendas, e...
leer másA música inundará o auditorio municipal da Pontenova este sábado, 7 de xaneiro. Será a partir das oito da tarde.
Co Playback A Pontenova porá fin á programación de Nadal que se veu desenvolvendo nas últimas semanas, organizada polo Concello.
Este mércores, 4 de xaneiro, terá lugar a tradicional Gala de Nadal do Concello de Cervo, será na carpa instalada na Praza dos Campos, ás 20:00 horas.
Contará coas actuacións das agrupacións locais: Fol do Raxal, Coral do CIT, Coral Terramar, Cantareiras Cordenaia (Airiños do Xunco), Grupo Mistura e A Rebolaxe.
A programación de Nadal organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo pecha esta semana con actividades en Carballedo, Lugo, A Pontenova, Viveiro e Cospeito.
O campo da feira de Castro de Carballedo (17.00 horas) e a escola de Pías, en Lugo, (20.00 horas) reciben mañá martes a visita da “filla do Apalpador”, un contacontos musicado no que a narradora Antía Vázquez e o músico Andrés Espiñeira falan ás crianzas desta personaxe tradicional de Nadal e da súa historia.
O espectáculo, co que a área de Cultura trata de afianzar a presenza de tradicións propias na representación do Nadal, pecha con estas dúas funcións a xira que iniciou o pasado 13 de decembro, pasando polos concellos de Portomarín, Guntín, Chantada, Triacastela, Ourol, Alfoz, Ribadeo, O Incio, Lugo, Pantón, Sarria, O Páramo, Sarria, Samos, A...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo recupera o seu tradicional concerto de Nadal titulado Aquí como en Viena, que o ano pasado non se celebrou debido á pandemia de Covid. Será o vindeiro xoves, día 29, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval con entrada de balde ata completar aforo.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo chega con Aquí como en Viena, un concerto típico destas datas que non pode faltar. O ano pasado tivemos que cancelalo polo motivo ben sabido por todos: o alto número de contaxios de Covid que había na nosa vila. Pero este ano estamos de volta con moitas ganas. Como todos os anos, este concerto estará dividido en dúas partes: a primeira cun repertorio moi ameno e variado e a segunda que xa nos traslada a Viena, con pezas da familia Strauss e algunha...
leer másDespois do acendido das luces de Nadal, que enchen Foz de luz e cor, achéganse as vacacións dos máis pequen@s e a Delegación de Cultura do Concello de Foz preparou unha programación para que gocen da ilusión destas festas e compartan momentos de ledicia e diversión tamén cos maiores, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Esta semana chega Papá Noel e para amenizar a espera o xoves 22 a partir das 20 horas a Escola de Música Municipal Arcadio Mon organiza o seu festival de Nadal no salón de actos do colexio Martínez Otero: poderanse ver as actuacións das nenas e nenos das clases de música en movemento, prebanda, aula coral e a orquestra de jazz. O sábado 24 pola mañá Papá Noel fará parada en Foz e estará acompañado polas rúas da vila dos nenos dos coros da Escola de Música, que cantarán pola Avenida da Mariña e Álvaro...
leer másA Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrece o concerto titulado Un conto por Nadal este venres, día 23 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz. O director é Carlos Timiraos e da narración encargarase Lara Noriega.
As entradas son de balde ata completar o aforo, pero hai que retiralas previamente na taquilla a partir das 20:00 horas do propio venres.
Esta actividade está organizada pola Banda de Música O Landro, de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Educación.
O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal cunha oferta de actividades variada, ampla e con opcións para todas as idades. Á longa lista de propostas súmanse o Belén ‘Viveiro ante o Berce’, considerado un dos máis importantes de Galicia, os obradoiros para a infancia e a inauguración dende hoxe, martes, do mercado ‘A Trastenda de Nicomedes’.
“Nun Nadal por fin xa sen restricións pola pandemia, esperamos que con esta programación se cumpran os gustos de grandes e de pequenos. A nosa intención é facer unha programación familiar, pensada tamén nos máis cativos, os grandes protagonistas destas festas”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, que confía en “atraer numerosos visitantes para desfrutar do noso comercio e hostalaría en Nadal”.
“Dende a Concellería de Cultura desexamos...
leer másA Concellería de Deportes organiza un Campamento de Nadal, que terá lugar do 26 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos. Son 60 as prazas que se ofertan para as nenas e os nenos de Burela. A inscrición estará aberta este xoves e este venres.
O edil Ramiro Fernández Rey contou que “o Campamento de Nadal será desde o 26 ata o 30 de decembro no pavillón dos institutos de 10 a 14 horas. Este campamento vai contar con actividades deportivas, obradoiros de Nadal, xogos alternativos e unha festa con inchables. Ten un límite de inscrición de 60 persoas e todos os interesados poderán apuntarse no Concello por mediación do técnico de Deportes, que terá un sitio habilitado para iso o xoves e o venres entre as 10 e as 13 horas”.
O concelleiro de Deportes relatou que “ademais disto para o día 2 de xaneiro vamos ter unha...
leer másDeron comezo as actividades de Nadal de Acisa Ribadeo. Os mais pequenos e as máis pequenas da casa gozaron onte, domingo, de teatro.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “grazas a un dos nosos establecementos asociados Kids&Us nenas e nenos disfrutaron onte da obra de teatro Story Time The Elf´s Inventions no Teatro de Ribadeo. E o vindeiro sábado, día de Noiteboa, teremos un taller de adornos de Nadal. Será en dúas quendas, ás 10:30 e ás 11:45 horas nas instalacións de Kids&Us na rúa Rosalía de Castro”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo que “estas non son as únicas actividades deseñadas para a rapazada de Ribadeo, xa que teremos as visitas de Papá Noel e do Apalpador. Pero de todo isto iremos dando conta ao longo dos...
leer más












