Nadal
En Ribadeo abriu as súas portas esta tarde o XIX Mercado do Nadal e foi inaugurado o alumeado ornamental destas festas, composto por máis de 850.000 luces led.
O Mercado do Nadal, que organiza o Concello, poderase visitar ata o 11 de decembro no parque de San Francisco. Son 25 postos de artesanía, deseño e gastronomía os que poderán atopar aquelas persoas que se acheguen a Ribadeo estes días.
Ademais haberá actuacións musicais e actividades para as mais pequenas e os mais pequenos da casa. Ata o Mercado do Nadal se achegaron esta tarde o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Desenvolvemento Local, Medio Ambiente, Cultura e Igualdade, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Pilar Otero e Mónica Freire.
E coincidindo coa apertura do XIX Mercado do Nadal o Concello procedeu a inaugurar o...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron o amplísimo programa de actividades organizadas polo Concello para este Nadal 2022-23. Dentro do programa tamén se inclúen iniciativas organizadas por ACIAM Xove, concretamente a pista de xeo que estará aberta do 15 ao 30 deste mes, e pola ANPA do colexio Pedro Caselles Rollán, neste caso a Semana Lecer Branco, con actividades do 26 ao 30 de decembro.
A primeira actividade incluída no programa é a IV Gala do Emprendemento Local, que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico o 16 deste mes e na que actuará Guadi Galego. Tamén haberá actos destinados aos nenos e nenas, como unha festa infantil con Papá Noel o venres 23, teatro o luns 26, o show musical infantil La Granja o xoves 29, unha festa infantil de fin de ano o 31, o Día da Infancia o...
leer másNa Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acaba de ser instalada unha nova Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que a do ano pasado. E ademais no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que na Vila de Nadal instalada na Praza do Conde Santo “como novidades este ano incorporamos varias escenas, entre elas unha escola rural, unha lavandeira e varios oficios antigos, como un zapateiro e un ferreiro, entre outras. Tamén están presentes nesta estampa de Nadal uns músicos elaborados de figuriñas de madeira e unha muller que fai calceta na porta da súa casa”.
A rexedora municipal lembra que “xa hai uns anos que puxemos en marcha esta iniciativa e cada Nadal imos aumentando o número de figuras...
leer másA XIX edición do Mercado do Nadal de Ribadeo terá lugar do 7 ao 11 de decembro no Parque de San Francisco, onde se darán cita 25 postos de gastronomía, artesanía e deseño. Contará cunha gran diversidade e cunha forte presenza de persoas creadoras e produtoras locais e de proximidade para, deste xeito, darlle un impulso ao emprego e desenvolvemento de Ribadeo nestas datas de gran afluencia de visitantes.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso explicou que “poderemos atopar repostería, marmeladas, xoguetes ou unha gran diversidade de complementos e elementos de deseño e ilustración. Nesta ocasión ademais o alumnado dos centros CEIP Gregorio Sanz, Sagrado Corazón e o IES Dionisio Gamallo tamén contarán cun espazo no mercado que utilizarán para recadar fondos para as viaxes de fin de curso”.
Vizoso...
leer másO 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón)
O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Teatro, exposición, obradoiro e musical infantís e concertos conforman a proposta cultural do Concello de Burela do 3 de decembro ao 14 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que se xeren moitas vendas no comercio local, “movemento e moita ilusión” para o 2023.
O edil burelés contou que “desde a Delegación de Cultura queremos presentar a programación de Nadal. Tivemos unha reunión con comerciantes de Burela e coordinamos algunhas actuacións con eles para potenciar o comercio local, que é moi importante agora mesmo. Eles van facer o sorteo dunha viaxe entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da vila”.
Díaz explicou que “este mesmo sábado, 3 de decembro, teremos ao grupo de teatro de Viveiro Andanzas, que o fan moi ben e que presentará Baile de huesos, ás oito e media e con entrada...
leer másComezan as actividades de Nadal en Foz co acendido da iluminación este venres, 2 de decembro, ás 18:30 horas na praza Conde de Fontao.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “Foz prepárase para acoller un Nadal familiar e especial. Por iso dende o Concello trabállase arreo para que todo estea listo para que as próximas datas sexan o máis especiais posibles, sobre todo para os máis pequen@s. Cremos que o alumeado e a decoración de Nadal son absolutamente necesarios, transmiten ilusión e fantasía nunhas datas familiares que invitan ao reencontro. Somos coherentes coas medidas actuais e o custo da enerxía, polo que decidimos reducir o tempo de acendido e por iso estará en funcionamento entre as 18.30 e ás 23.30 horas, acurtando así o consumo. Todo o alumeado contará con reloxos que realizarán a conexión e desconexión. En canto ás figuras...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.
O prazo de recepción remata o 9 de decembro. E o fallo do xurado farase público o 12 de decembro...
leer másO Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o 23 de decembro.
Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, “sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias”, tal e como apunta a edil de Educación, Dolores García Caramés.
As inscricións poñeranse a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 16 de decembro e as prazas son limitadas. O programa estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 5 de xaneiro.
O Concello de Lourenzá convoca o concurso de postais Nadal 2022, dirixido aos escolares de Infantil e Primaria do concello. O tema do concurso é O Nadal de Don Paco, en referencia ao escritor laurentino Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedicará o próximo Día das Letras Galegas.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a técnica será libre e as obras deberán presentarse nunha cartolina A4. O prazo de entrega dos traballos remata o 16 de decembro. Establécese un primeiro premio, dotado con 75 euros e trofeo; e tres accésits, dotados con 25 euros e diploma. A postal gañadora será empregada polo Concello como felicitación de Nadal. As bases completas serán repartidas no CEIP Juan Rey e tamén se poden consultar na Biblioteca Municipal”.
Desde a Concellería de Cultura agradecen de antemán a...
leer más












