Nadal
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, organiza os días 17, 18 e 19 de decembro tres concertos que darán inicio á programación de Nadal deste ano. Estas citas musicais son un adianto da oferta cultural de Nadal, na que o Concello de Viveiro prepara os últimos detalles.
O venres 17 de decembro, ás 20:30 horas, a Igrexa das Concepcionistas acollerá o concerto do coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O sábado 18 de decembro ás 20:30 horas, de novo a Igrexa das Concepcionistas recibirá outra cita musical. Neste caso será o Concerto de Panxoliñas 2021, a cargo da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
Ambos eventos neste espazo contarán coa colaboración das Relixiosas Concepcionistas de Viveiro. Os dous concertos serán de balde ata completar aforo, sen...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo porá fin a este primeiro trimestre cunha actuación diferente debido á situación sanitaria actual.
Desde a EMMeD explican que “se decidiu, por precaución e responsabilidade, non celebrar o tradicional Festival de Nadal de xeito presencial. A sabendas de que este festival, xunto co de fin de curso, son os que máis éxito teñen tanto entre o alumnado coma entre o público, publicarase o día 21 de decembro tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un festival virtual que diferentes especialidades gravarán ao longo desta semana”.
Desde a Escola “queremos agradecer a toda a comunidade educativa o comportamento exemplar no centro, cumprindo estritamente todas as normas indicadas nos protocolos. Así mesmo, resaltar unha vez máis, o apoio incondicional que...
leer másO alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Mª Dolores Meitín, presentaron o programa de Nadal que se desenvolverá do 17 de decembro ao 5 de xaneiro.
O venres 17 de decembro ás 20:30 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarse lugar a III Gala do Emprendemento Local na que haberá a actuación musical de Ugia Pedreira. As prazas son limitadas e as reservas pódense facer no teléfono 982 59 20 01. Un 10% das prazas reservaranse para distribuír no momento do evento.
O sábado 18 ás 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes, terá lugar a gala musical Un conto de Nadal. O luns 20, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Teco presentará o espectáculo infantil Abetiño soñaba co Nadal. O martes 21, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Mere Clown presentará o...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades e sorteos con miles de premios. As rúas respiran aire de Nadal ca decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos comercios, que cada un adornou votando man da imaxinación. Abetos que despois da campaña navideña prepáranse para seren replantados no Monte San Roque, dando máis vida a estes árbores.
A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano. Para facilitar as compras no comercio local e que os clientes non teñan necesidade de desprazarse, os negocios abrirán os domingos 19 de decembro, e o domingo 2 de Xaneiro.
O árbol de luces xigante instalado na Praza Maior de Viveiro...
leer másAta o 13 de xaneiro está aberto ao público o tradicional Belén “Viveiro ante o Berce”.
Igual que na pasada edición, para visitar o Belén habilitarase un percorrido cunha única dirección, co obxectivo de evitar aglomeracións.
O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
Ademais o Concello xa acendeu as luces de Nadal e nos vindeiros días presentará unha completa programación para todas as idades.
A Praza do Conde Santo acolle unha Vila de Nadal elaborada artesanalmente e no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “é todo feito de xeito artesanal, empregando madeiras e outros materias naturais. Detrás está un mes intenso de traballo por parte dos empregados do Concello, d@s concelleir@s e tamén doutra xente que nos veu axudar. Fai uns anos que botamos a andar este proxecto de Vila de Nadal e cada vez imos inventando algo novo e dándolle forma. Nesta ocasión decidimos incorporar unha paisaxe nova, na que se poden ver unhas montañas, un río, un pescador e ata unhas mulleres na vida cotiá. Outras das novidades son a imaxe dun peregrino a entrada da praza do Conde Santo, que non podía faltar xa que por Lourenzá pasa o Camiño Norte e somos final de etapa...
leer másO Concello de Cervo organiza para esta ponte de decembro un amplo abano de actividades culturais.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, xunto co grupo de mozos do concello encargados de organizar as batallas de rap, presentaron na Casa da Cultura o programa de eventos que se desenvolverán desde o sábado 4 ata o mércores 8 de decembro.
A programación ábrese o sábado ás 21H na Praza dos Campos, onde Alberto e Ángel Sevilla ofrecerán un concerto dentro do ciclo de concertos "O Son do Nordeste".
Para a xornada de domingo á mañá temos en Cervo O legado de Tibu, un espectáculo de patinadores e música. Dará comezo ás 12:30H na Praza do Souto.. Xa pola tarde, a programación continúa coa celebración da terceira xornada das batallas de rap no Auditorio da Casa da Cultura, que comeza...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela presenta a campaña ‘Vive un conto de Nadal con ACIA Burela’ que contará con diversas actividades para todas as idades.
A iniciativa comezaba onte co alumeado das luces de Nadal na Praciña do Concello, onde se atopa a tradicional árbore de Nadal da asociación empresarial. A esta actividade séguenlle outras como: o concurso de selfies, o sorteo de dúas viaxes a Disneyland Paris ou o concurso de escaparates.
O concurso de selfies durará o mesmo tempo que a campaña, é dicir, dende o 10 de decembro ata o 5 de xaneiro. Para participar nesta actividade hai que ser maior de idade, ter conta en Instagram ou Facebook, subir unha fotografía nunha das praciñas decoradas con motivos de Nadal que hai na vila, etiquetar a ACIA Burela e poñer o cancelo #...
leer másAcisa inaugurou a súa árbore de Nadal, que está situada nas Catro Calles, concretamente na rúa Rodríguez Murias. Alí foi creado un espazo único, onde veciños e visitantes poderán fotografarse fronte ao nome de Ribadeo en tamaño XL iluminado para a ocasión.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “a árbore de Acisa, que este ano estrea unha situación nova, na rúa Rodriguez Murias, nas coñecidas como Catro Calles, ten máis de 1.200 metros de luces led, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorada no seus laterais cos logotipos dos establecementos asociados, para facer publicidade aos socios e socias de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas, e no seu frontal leva o nome de Ribadeo en letras XL, de 8x1 metros. A nosa arbore foi acendida xunto co alumeado de todas as rúas de Ribadeo por parte...
leer másDesde a tarde deste venres, día 3, ata o mércores 8 poderá visitarse no Parque de San Francisco o Mercado do Nadal de Ribadeo. Nesta XVIII edición haberá 25 postos de artesanía cunha gran variedade de produtos (cerámica, xoiería, xoguetes, costura…) así como postos de alimentación, onde se poderán mercar embutidos, doces, chocolates ou produtos de panadería.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anuncia que “a apertura deste mercado será o venres ás 17 horas e esa mesma tarde ás 18.30 organízase unha chocolatada para todo o público asistente na Oficina Vella de Turismo. As tardes do sábado e do luns están pensadas para xs máis pequenxs da casa, que terán o seu espazo especial no propio mercado, con obradoiros de 17 a 19 horas, tamén na Oficina de Turismo Vella. E, como xa vén sendo habitual, a música vai...
leer más












