Nadal
A concelleira de Cultura focega, Inés López Couto, anuncia que “comezan a encherse os días de actividades en Foz, despois do pequeno adianto destas semanas pasadas, co acendido das luces de Nadal antes da ponte da Constitución e coa obra de teatro do grupo O Centiño, que tivo unha dobre finalidade: a de achegar un pouco de ledicia a todos e facer unha recadación solidaria”.
Inés López especifica que “coma todos os venres e sábados, DJ Popy seguirá amenizando as compras nas rúas focegas coa súa música. O Concello sigue animando a todo o mundo a comprar no comercio local. E a Delegación de Cultura organiza para este venres, día 18, un recital musical de poemas inéditos de Xosé Neira Vilas, chamado Cantos de Amor; poderase desfrutar del ás 20 horas na Casa da Cultura. O sábado comezarán a chegar os elfos de Papá Noel, que durante a mañá...
leer másMañá, martes, arrinca o xogo interactivo Burela salva o Nadal, que pon en marcha a Concellería de Cultura.
O edil José Díaz anima “a todos os nenos e nenas de Burela a entregar a súa carta aos Reis Magos dun xeito novidoso e divertido participando no xogo Burela salva o Nadal, que dará comezo mañá, 15 de decembro, e que se prolongará ata o 5 de xaneiro de 2021”.
O concelleiro de Cultura subliña que “a actividade pode realizarse en horario ininterrompido nesas datas. O primeiro código QR pódese atopar xa no taboleiro de anuncios do Auditorio Municipal”.
Díaz engade que “os participantes van estar entretidos este Nadal, van ter que cantar panxoliñas e van recibir moitas sorpresas a través dos códigos QR que atoparán en diferentes localizacións da nosa vila”.
O Concello de Xove, a través das súas delegacións de Cultura e de Servizos Sociais, organiza unha serie de actividades para as festas de Nadal que se desenvolverán durante este mes de decembro.
O sábado 19 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Ubú Teatro representará a obra O vixiante dos soños. A actuación inclúese no ciclo Miudos seráns da Deputación Provincial de Lugo.
O domingo 20 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Curuxán Teatro Impro porá en escena a obra Impro, dentro do ciclo de teatro afeccionado da Deputación Provincial.
O mércores 23 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico celebrarase o Gran Concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove.
O sábado 26 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico terá lugar a...
leer másO Concello de A Pontenova e os comerciantes promoven a campaña de Nadal, con 1.500 euros en premios.
O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde e o Presidente da Asociación de Comerciantes da vila, Jose Luís Balseiro, presentaron a campaña de nadal do comercio local, coa que colabora o Concello. Repartiranse un total de 30 vales de compra cun importe de 50 euros cada un.
Campos Conde explicou que a campaña “inclúe un investimento total de 3.000 euros, na que ademais dos 1.500 euros en premios, haberá unha campaña de promoción, e bolsas reciclabes ca marca da Pontenova que regalaran os establecementos da vila”.
O rexedor remarcou que a través desta colaboración queremos “incentivar e promover entre a veciñanza as compras nos comercios da Pontenova durante o Nadal. Por iso é fundamental traballar da man da Asociación de Comerciantes da vila para contribuír a mellorar a situación do noso pequeno comercio. Este é o...
leer másA Concellaría de Mocidade organiza unha serie de actividades de Nadal dirixidas ás nenas e aos nenos de Ribadeo. Haberá teatro, circo e varios obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil. O prazo de inscrición estará aberto do 9 ao 18 de decembro.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “nos atopamos preto das vacacións dun Nadal que será máis singular que nunca debido á situación actual da pandemia do covid-19. Polo tanto, dende a Concellaría de Mocidade, propoñemos para este Nadal, ademais de teatro e circo, unha serie de obradoiros en colaboración cos centros de ocio infantil do noso concello: Con Sentidiño, Chiquitrén e Dubidú, que neste momento están sufrindo graves limitacións e que os converte nun dos sectores máis prexudicados desde o comezo da crise. Polo tanto, á hora de facer e de organizar as...
leer másMañá, venres, á tardiña será acendido o alumeado de Nadal en Ribadeo, que contará en total con máis de 800.000 luces led. Estará en funcionamento ata o 7 de xaneiro. Neste 2020 presenta novidades como as figuras tridimensionais ou as luces que se poderán ver nalgunhas rúas.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou: “segundo os datos que nos pasan os técnicos e os operarios da empresa de instalación do alumeado de Nadal, se sumamos todas as microluces que conforman a totalidade dos arcos, das iluminacións nas farolas e nas árbores e as das figuras en 3D estaríamos superando as 800.000 luces led en total, unha cifra moi importante e moi significativa para Ribadeo e que acadamos por segundo ano consecutivo”.
O edil ribadense contou que “tan só a árbore instalada no parque de San...
leer másAcisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal que se desenvolverá do 4 de decembro ata o 10 de xaneiro de 2021. Inclúe a X Festa do Comercio, que repartiá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, concursos, sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa e a instalación dun árbore na praciña de San Roque. O slogan elixido é Vive o Nadal en Ribadeo.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se celebrará do 4 de decembro ao 10 de xaneiro. Inclúe o sorteo da X Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa na praciña de San Roque, actuacións na rúa e a entrega de material gratuíto para os socios”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “este ano a Festa do Comercio ven con novidades. A...
leer másO Concello de Foz presenta a programación do Nadal 2020, “onde todo se reinventa para garantir que a maxia desta época do ano siga máis viva ca nunca, nun contexto onde as garantías sanitarias deben estar por encima de todo”, anuncian o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto. O alumeado das rúas focenses acenderase este xoves, día 3, ás 19:00 horas.
A edil de Cultura explica: “pensamos en todas as nenas e nenos: esta festa é deles. Adaptamos as programacións pensando nos máis pequechos da casa, así o teatro infantil cobra un protagonismo especial. Hai obras adaptadas para idades desde os 2 anos, polo que os papás terán onde escoller. As representacións serán na sala Bahía ás 18:30 horas en distintas datas, previa cita ata completar aforo”.
O alcalde engade: “temos informacións fidedignas de que os...
leer másO Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo este ano, dadas as circunstancias sanitarias, opta por celebrar este Mercadiño de Nadal, que será mais reducido aínda que máis estendido no tempo coincidindo co Nadal, en lugar do xa tradicional Mercado de Nadal que tiña lugar na ponte de decembro”.
Vizoso Galdo dixo que “a convocatoria está dirixida a persoas artesáns, produtoras con capacidade para exhibir e vender...
leer másO Concello de O Valadouro organiza o concurso Ilumina o Nadal. Haberá Certames de Balcóns, Fachadas e Ventás e de Escaparates.
O prazo de inscrición será desde o 26 de novembro ao 10 de decembro, ás 14:00 horas, e poderá facerse a través do correo concurso@valadouro ou medios telemáticos. A decoración deberá estar exposta, polo menos, entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro de 2021.
Repartiranse 1.000 euros en premios, consistentes en vales de compra no concello: 300€ para o primeiro, 250 euros para o segundo, 200 euros para o terceiro, 150 euros para o cuarto e 100 euros para o quinto.












