Nadal

Etiquetas:
12/12/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal. 

Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.

As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com 

O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no...

leer más
Etiquetas:
12/12/2019

Esta fin de semana, os días 14 e 15 de decembro, celébrase en Burela o X Mercado de Nadal, que organizan unha ducia de asociacións da localidade coa colaboración do Concello. O obxectivo é recadar fondos para estes colectivos. Haberá postos de libros, antigüidades, etc… O concelleiro de Cultura, José Díaz, fai unha chamada á solidariedade.

O edil anuncia que “este fin de semana temos o rastrillo solidario do Nadal, que é a décima edición. Participan varias asociacións de Burela que poñen produtos na praza de abastos, de todo tipo de cousas, obxectos, libros, antigüidades, roupa, un pouco de todo, e todas as ventas son en beneficio de cada unha das asociacións”.

José Díaz sinalou que “sempre está moi concorrido este mercadiño, esperemos que este ano tamén. Queremos agradecerlles ás asociacións a súa participación,...

leer más
Etiquetas:
11/12/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a cidade portuguesa de Valença do Minho. Será o día 21 deste mes, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade portuguesa (pista de xeo, Duendelandia, …) e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou...

leer más
Etiquetas:
11/12/2019

Este sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.

Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.

Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.

O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
11/12/2019

Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron a cuarta edición da Run Foz Nadal, que se celebrará o domingo, 22 de decembro.

Trátase dunha carreira para nenos/as e maiores con percorridos adaptados a todas as idades. As diferentes carreiras comezarán ás 16:30 horas coa categoría de pícaros e un circuíto de 150 metros, posteriormente serán os benxamíns con circuíto de 600m, 1000m para alevíns, 1500m para infantís e cadetes e, finalmente, 5000m para a competición absoluta.

A saída e chegada será na Praza Rosalía de Castro, no Campo da Cabana. A inscrición xa está aberta en: sportmaniacs.com

 

Etiquetas:
06/12/2019
O programa de Nadal organizado polo Concello de Xove comezará o sábado, 14 de decembro, coa vídeoproxección fotográfica Clic, que terá lugar  no salón de actos do Centro Cívico, ás 19:00 horas. O domingo 15, celebrarase a presentación do documental A baleeira de Morás, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico.
 
O venres 20 haberá música en vivo con Crooner CR, ás 23:00 horas, no pavillón municipal de deportes. O sábado 21 procederase á inauguración do Nadal, a partir das 19:00 horas, no pavillón coa chegada de Papá Noel; o domingo 22, ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá teatro infantil co grupo Adala de Fazouro, que representará Que cousas pasan no Camiño.
 
Os días 23, 24, 26 e 27 de decembro terá lugar a...
leer más
Etiquetas:
06/12/2019

Acisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros. O acendido da árbore da praciña de San Roque tivo lugar na tarde de onte. Conta con mais de 1.000 metros de luces leds de diversos colores, 10 metros de altura e 5 de diámetro ademais dun panel frontal cos logotipos dos establecementos asociados a modo de publicidade dos mais de 160 negocios pertencentes á patronal ribadense. 

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que “queremos facer un Nadal especial, tanto para os nosos socios como para os clientes e visitantes. Temos a obriga de axudar aos nosos asociados a aproveitar ao máximo esta campaña, por iso nos envorcamos nela co maior presuposto da última década”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “o...

leer más
Etiquetas:
05/12/2019

Esta tarde foi inaugurado o XVI Mercado do Nadal e acendido o alumeado destas festas. O alcalde, Fernando Suárez, xunto aos concelleiros de Turismo, Medio Ambiente, Obras e Cultura, Pablo Vizoso, Jorge Díaz, Mónica Freire e Pilar Otero, visitaron as casetas instaladas no parque de San Francisco e asistiron ao acendido da iluminación de Nadal. 

O rexedor dixo que “procedemos a este acendido das luces de Nadal aquí en Ribadeo, que facemos coincidir estes últimos anos coa inauguración do XIV Mercado do Nadal. Traemos unha chea de cousas para que tanto a xente de aquí como os amigos e veciños de toda A Mariña, de todo o Occidente asturiano e todos aqueles turistas que nesta longa ponte veñan a Ribadeo poidan degustar produtos artesáns de alimentación e ver artesanía, coiro, xoiería…”.

Fernando Suárez explicou que “...

leer más
Etiquetas:
04/12/2019

O programa do Nadal en Burela arrincará mañá, 5 de decembro, ás 21:00 horas na praza do Concello co pregón que pronunciará o empresario xubilado Ramón Hermida. Despois terá lugar o acendido do árbore e do alumeado e haberá un concerto. As actividades destas festas desenvolveranse ata o 5 de xaneiro. Foron presentadas este mediodía polo alcalde burelés, Alfredo Llano, e por representantes do CCA e de Ledicia.

O rexedor burelés dixo que “fixemos unha presentación conxunta entre a Acia, Ledicia e máis o Concello de Burela que, dunha maneira ou doutra, colaboramos entre todos para conformar o que queremos que sexa un bo Nadal con atractivo e que sexa un bo elemento de motivación para que a xente se achegue a Burela en calquera día das vindeiras vacacións”.

Alfredo Llano sinalou que “mañá van comezar as actividades ás...

leer más
Etiquetas:
02/12/2019

O xoves, 5 de decembro, comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumándose así ó dia no que o Concello inaugura o Belén e acende o alumeado de Nadal. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.  

Comezará a campaña o xoves 5 ás 19:00 horas inaugurando a árbore de luces xigante instalada na Praza Maior, que se amplía e que alcanzará en total uns 11 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais, e o que suba unha foto co selfie máis divertido gañará unha cea para 2 persoas. 

As rúas respirarán aire de Nadal coa decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos...

leer más