Nadal
Na Oficina de Turismo, en Ribadeo, pódese visitar de martes a sábado ata o 7 de xaneiro a exposición de Nadal realizada polos participantes no programa Aquí?...Coma de 20!!!. Será en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
O belén, que é a novidade deste ano, foi feito por Edita de Santalla e a árbore, de 2018, polos asistentes ao devandito programa. Desde Aquí?... Coma de 20!!! animan á veciñanza "a facer algunha personaxe para o belén, si lles apetece, xa que nos fan falla Reis Magos".
A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, convídaos a celebrar o Nadal con dous concertos. O primeiro deles terá lugar o xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Nel participarán distintas agrupacións da escola coma grupo infantil, o grupo percusión, a orquestra infantil, o grupo de música moderna, un ensemble da banda e rematará o concerto coa intervención do coro Mestre Pacheco, que interpretará una selección coral de West Side Story de Leonard Bernstein.
PROGRAMA 19 DECEMBRO
GRUPO INFANTIL
• Moita festa……………………………………………….C. Núñez
• Color esperanza ……………………………………...D. Torres
PERCUSIÓN
• Adeste Fideles........................................J.F.Wade
• Dulce Navidad................................................Pop.
• Polly Wolly...
leer másTeatro, música, a visita de Papá Noel e a cabalgata dos Reis Magos protagonizan a programación de Nadal do Concello de Foz. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris.
O edil de Cultura anuncia que “un ano máis o Nadal chegou a Foz. Tralo acendido do alumeado navideño dan comezo unhas xornadas de intensa actividade. Empezamos este venres, día 20, ás 19:00 horas na emblemática Sala Bahía co Festival de Nadal da nosa marabillosa Escola de Música. Continuamos o sábado co teatro infantil da man de Ghazafhellos coa obra Nana para un soldado, ás 18:30 horas tamén na Sala Bahía; ese mesmo día na igrexa de Foz poderemos escoitar un concerto excepcional a cargo do grupo vocal ArsPholifónica. O domingo 22 ás 12:00 na Sala Bahía terá lugar o acto homenaxe aos 40 anos de corporacións democráticas municipais. Xa...
leer másO Concello de Cervo acollerá o sábado 21 de decembro o XII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual e Goshin Shobu (defensa persoal).
O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.
O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián.
Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, que participarán na competición, dos cales o 60 % serán representantes da Mariña.
Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 8 categorías.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 21 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto co fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde hoxe, luns 16, e ata o venres 20 a EMMeD de Ribadeo realizará...
leer másA área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.
A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”
Programación Nadal Cultural
Sábado 14
Carballedo - Visita...
A Delegación de Cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e veciñas co fin de regular a súa participación como figurantes na Cabalgata de Reis.
Para asistir como figurantes que irán sentados nas carrozas, poden inscribirse todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2020, teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carrozas é de 40 nenos e nenas. A inscrición será os días 26, 27 e 30 de decembro, de 9:00 a 14:00 horas, no Teatro Pastor Díaz. A asignación das 40 prazas farase por estrita orde de recepción das solicitudes.
Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou as novas necesidades. As persoas admitidas que non puidesen participar na Cabalgata deberán comunicalo ao Concello antes do 4 de xaneiro.
... leer másRibadeo acollerá este Nadal un centro de ocio infantil e xuvenil desde o día 21 deste mes ata o 5 de xaneiro nunha carpa de grandes dimensións instalada na Praza de España. Aquelas persoas que fagan as súas compras ou consumicións nos locais asociados a Acisa obterán descontos do 50% nos prezos das entradas. RibaXogo foi presentado no salón de plenos do Concello.
O concelleiro de Comercio e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, subliñou que “esta iniciativa, denominada RibaXogo, chega a Ribadeo para desfrutar do Nadal e tamén par animar as vendas e dinamizar o comercio local, precisamente nestes momentos de maior actividade e como un gran atractivo do comercio local”. RibaXogo está organizado polo Concello ribadense coa colaboración de Acisa.
Vizoso dixo que “en RibaXogo haberá numerosas atraccións para nen@s e...
leer másO Concello de Barreiros presenta un programa de actividades de Nadal que se prolongarán ata o día 12 de xaneiro.
Este venres, 13 de decembro, ás 21:00 horas, no centro sociocultural, terá lugar unha proxección do ciclo Seráns de Cine co filme Trote de Xacio Baño. Está organizado polo colectivo cultural Ollomao.
O sábado 14 haberá unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros, no pavillón municipal. Ademais celebraranse partidos de fútbol sala Praias de Barreiros entre: Ben. A-Santiago de Foz B; Benx. B-Celeiro CDM; Alevín-Celeiro CDM B; Infantil-Celeiro CDM; Cadete-San Ciprián; Senior Masc.-ADFS Bueu; e Senior Fem.-CD Burela FSF.
O domingo 15 disputarase o encontro de 2ª Rexional que enfrontará a Iberia e Meira, en As Valgas (San Miguel).
O mércores 18...
leer másDentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa IX edición o SÁBADO, 28 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na...
leer más












