Nadal
Este venres, 21 de decembro, o Concello de Viveiro continúa coa súa programación de Nadal coa actividade O baúl do mago, que estará nas inmediacións dos Xardíns Noriega Varela en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas, dirixida ao público familiar.
O sábado, día 22, na Biblioteca Municipal, haberá contacontos con La sala de Catapunchimpún, para nen@s a partir de 5 anos. Ese mesmo sábado ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, celebrarase o Concerto de Nadal a cargo da Banda Municipal de Música de Viveiro.
O domingo 23 ás 18:30 horas no Teatro Pastor Díaz actuarán Os Bolechas co espectáculo Nadal polo norte. O luns 24 será a Festa de Papá Noel na Praza Maior.
O venres 28 ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebrarase a Noite de Maxia e Hipnose. O sábado 29 ás 12:00...
leer másO Concello de Xove inicia o seu programa de Nadal este venres, 21 de decembro, recibindo a Papá Noel, na Praza, entre as 19:00 e as 20:00 horas. Ademais haberá chocolatada gratuíta ata agotar existencias.
O sábado 22 ás 21:30 horas no Pavillón de Deportes celebrarase o VIII Concurso de Karaoke. O domingo 23 ás 19:00 horas haberá un concerto Sons de Celeiro.
O martes 25 ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, haberá un baile de Nadal con Disco Nadal Dani Ríos. O mercores 26 ás 20:00 horas no Pavillón de Deportes proxectarase a película Los Pitufos 3. La aldea escondida. Tamén ese mércores ás 20:30 horas no Centro Cívico presentarase o vídeo Xove Emprende en galego, dirixido por Xacio Baño con Samuel Míguez, Marta Louzao, Fabián Ben, Iván González, Lucía Canoura e Ignacio Rodríguez. Ademais os días 26,...
leer másA terceira edición da Carreira Popular de Nadal de Foz, que se celebrará o día 24 deste mes, foi presentada polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e por Manuel Eiras.
Explicaron que será “unha tarde para gozar do deporte, antes de achegarse ás ceas familiares de Noiteboa. Haberá carreiras en todas as categorías: pícaros, benxamín, infantil, cadete e absoluta. Comezarán ás 16:30 horas e a absoluta sairá ás 17:00, con saída e chegada na Praza Rosalía de Castro.
A inscrición está aberta en: https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iii-run-foz-run-nada
Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.
Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.
O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Turismo, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo e Amigos da Troula-.
O deporte, da man do XI Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao promama de Nadal. A cita será o sábado 22 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.
O domingo, 23 de decembro, será un día importante dentro do calendario de actividades que comezará ás 12:...
leer másA programación de Nadal organizada polo Concello de Lourenzá comezará este domingo, día 16, cun obradoiro e espectáculo de maxia. E rematará coa cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “este próximo domingo, 16 de decembro, a partir das cinco da tarde, Hermanager Producións trae á carpa situada no Campo dos Bolos o espectáculo Apren-Deimi e un obradoiro de maxia. Desta maneira o Concello de Lourenzá colabora coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a ACIAL durante a fin de semana”.
Manuel Arango engade que “o venres 21 de decembro o grupo Trípode porá en escena a obra Cousas de vellos. Será na escola de San Adriano ás 19:30 horas. O domingo 23 de decembro ás 17 horas Fran Rei presenta o espectáculo cómico O conto de Barriga Verde. Será na carpa situada...
leer másO Concello organiza unha Festa de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Os destinatarios son os máis pequenos e as máis pequenas da casa. O evento terá lugar no pavillón municipal de San Cosme de 16:00 a 19:00 horas.
Haberá inchables, obradoiros e animación musical. Os nenos e nenas que participen nesta festa recibirán a visita de Papá Noel. E rematarán a xornada disfrutando dun chocolate con churros.
O Concello de Barreiros convida a tod@s, especialmente aos máis pequenos da casa, a participar nesta Festa de Nadal do 22 de decembro.
O programa Aquí?... coma de 20!!! está a preparar unha árbore de Nadal moi especial e pide axuda. Ademais desde o departamento de Servizos Sociosanitarios informan que do 7 de xaneiro ao 31 de maior terá lugar nas parroquias unha nova edición da actividade denominada Envellecemento activo.
Desde a Área de Servizos Sociosanitarios explican: “en primeiro lugar compartir con todos e todas vos un proxecto común para o que precisamos axuda. Estamos a ganduxar para facer unha árbore de Nadal, o tempo corre e temos ata o 22 de decembro para telo listo. Todas aquelas persoas que estean interesadas en colaborar deixámosvos un contacto para toda a información que precisedes. Contactade con Susana Álvarez, a dinamizadora sociocultural do Concello de Ribadeo no teléfono 652984054”.
Ademais este departamento municipal anuncia...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.
O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.
O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.
Acisa Ribadeo procedeu ao acendido da súa árbore de Nadal, instalada na praciña de San Roque, esta tarde. No acto participaron o presidente e o xerente da asociación, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, xunto a outros membros da directiva.
A árbore de Acisa ten máis de 1.000 metros de luces leds, 10 metros de altura e 5 de diámetro. Ademais está decorado no seu frontal polos logotipos dos establecementos asociados, “nun xeito de facer publicidade aos socios de forma directa nun lugar que será de paso para moitas persoas”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, fixo un chamamento “a todos os socios e non asociados a que decoren os seus escaparates, tenda e bares, posto que o Nadal é unha época alegre e de celebración de modo que sempre chama máis a atención un pobo e os seus comercios decorados. Ademais neste...
leer más












