Nadal
A pista de xeo de tamaño XL volverá a Ribadeo un ano máis, e estará instalada no parque de San Francisco do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. O prezo da entrada xeral será de 6 euros, aínda que aquelas persoas que consuman máis de 20 euros na hostalería e no comercio locais só pagarán 3 euros presentando os tíckets correspondentes. A novidade deste ano é que para os grupos escolares da comarca, de máis de 10 persoas, establécese un prezo por entrada de 4 euros. Esta mañá tiña lugar a presentación desta actividade organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez.
O rexedor manifestou que “hai que aproveitar o frío e o Nadal para que Ribadeo se encha de xente, nova e non tan...
leer másO Mercado do Nadal volve a Ribadeo e terá lugar dos días 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e a súa contorna. Estará aberto en horario 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. Trátase dun evento organizado pola Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Segundo explica a edil Ana Martínez “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorecer en maior medida ao comercio da vila e animar Ribadeo así como promocionar a artesanía e os seus profesionais. Nesta edición os postos estarán dispostos na rúa San Francisco e no parque, onde ademais se desenvolverán actividades paralelas, que animarán a vindeira longa ponte festiva en Ribadeo”.
A concelleira ribadense contou que “a presente edición acollerá 25 actividades artesanais recollendo diversos oficios, produtos...
leer másAcisa Ribadeo levará a cabo unha nova campaña que se desenvolverá no comercio e na hostalería local do 1 ao 15 de decembro. Trátase do Rasca de Nadal que repartirá 4.000 euros en premios directos, repartidos en 200 premios de 5 euros, 100 premios de 10 euros, 50 premios de 20 euros, 10 premios de 50 euros e 5 premios de 100 euros. As persoas afortunadas deberán canxear os seus rascas premiados en Acisa, onde obterán os vales correspondentes e terán ata finais de decembro para consumilos. O obxectivo desta nova campaña é animar ás compras de Nadal e fidelizar á clientela dos negocios ribadenses.
O presidente de Acisa, David Martínez, explicou que “esta campaña se desenvolverá entre o 1 e o 15 de decembro. Agora, despois do black friday, queda unha época en teoría tranquila para o comercio. Pensamos que era bo animala, xa que o Nadal é unha...
leer másA asociación de veciños do Burgo de Trasbar de Cervo anuncia as súas actividades para o mes de decembro que iniciará o domingo 3, cunha reunión ás 11:30 horas no local social para tratar o irmanamento coa asociación de veciños Nostra Señora de Lieiro que terá lugar o 16 de decembro.
O venres 8, a partir das 18:00 horas, os socios adornarán o local social de cara ao Nadal.
O domingo 10, remata o prazo para anotarse ao acto de irmanamento con Nostra Señora de Lieiro que se celebrará o sábado 16 a partir das 14:00 horas.
O domingo 17, terá lugar a recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O sábado 23, a partir das 16:30 horas, recibirán no local social a visita de Papa Noel e haberá unha merenda para os máis pequenos.
O...
leer másO Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘...
leer másA Biblioteca Pública Municipal convoca os Certames de Poesía e Debuxo Nadal 2017.
No Certame de Poesía poden participar nen@s e moz@s ata 16 anos. O tema xenérico é o Nadal e a recepción de traballos remata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios barreirense. Esta cita está organizada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.
O Certame de Debuxo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os traballos, que versarán sobre o Nadal, presentaranse en cartolina tamaño A4 ata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios.
A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca os Certames de Nadal para escolares nas modalidades de Poesía Infantil e Postais. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 15 de decembro no caso do concurso de Postais de Nadal, e o 23 de decembro no do certame de Poesía Infantil Nadal 2017.
No certame de Poesía Infantil Nadal 2017 poderán participar escolares ata 16 anos establecéndose tres categorías:
-A ata os 8 anos.
-B de 9 a 11 anos.
-C de 12 a 16 anos.
Cada escolar poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas remata o día 23 de decembro e deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela. O fallo do...
leer másAta o 30 de outubro estará aberto o prazo para anotarse e participar no Mercado de Nadal, que organiza a Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.
Esta nova edición, a XIV, terá lugar do 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e na súa contorna. Os horarios de apertura serán de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
Segundo explica a Concellaría de Desenvolvemento Local “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorece en maior medida ao comercio da vila e animar Ribadeo, así como promover un espazo para a venda de produtos feitos a man e manufacturados a pequena escala ademais de produtos gastronómicos artesanais, un espazo especial para o bo facer”.
No evento poderán participar persoas artesáns, creadoras e produtores de alimentos. O Concello establece...
leer más












