Nadal
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro. O director da banda, David Ballester, subliña que será unha actuación especial porque estarán moitos músicos que traballan ou estudan fóra de Ribadeo e volven polo Nadal á vila polo que contarán con máis compoñentes do que é habitual.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo anunciou hoxe que “coas datas do Nadal chega o típico concerto Aquí como en Viena, da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano terá lugar o sábado 30 de decembro, ás nove da noite no Teatro”.
David Ballester comenta que “é un concerto especial tanto polas datas nas que nos atopamos, xa que imos poder aproveitar todos estes músicos que temos traballando ou estudando fóra de Ribadeo co cal a plantilla...
O Concello ven de presentar o libro Burela recicla o Nadal. Trátase dun manual de bos usos para concienciar á poboación da necesidade de reciclar nestas datas de Nadal nas que hai tanto consumo de alimentos, agasallos, embalaxes, etc. Son 1.000 exemplares os que se repartirán polos centros de ensino, na Biblioteca Municipal e tamén no Concello. No acto desenvolvido esta tarde participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e o autor dos textos, que é Xosé A. Perozo. O libro conta con ilustracións de Fran Muñiz.
O rexedor comentou que “a finalidade do Concello de Burela é dalgunha maneira concienciar, axudar e compartir a problemática que está habendo con respecto ao que é a grande cantidade de residuos que se xeran no día a día. Xa participamos nalgún encontro cos Concellos que están a favor loitar...
leer másO pavillón municipal de San Cosme será escenario o vindeiro sábado, día 23, de moitas actividades para os máis pequenos, entre as que destaca a especial recepción que ofrecerá Papá Noel aos asistentes.
Esta festa de animación infantil desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.
Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións... Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.
A organización agradece a todos os asistentes que leven alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Para atender esta petición haberá un punto de recollida destes produtos no propio pavillón de San Cosme.
A programación do Concello de Foz para este Nadal inclúe concertos, teatro, danza, a presentación dun libro, unha exposición e as visitas de Papá Noel e dos Reis Magos.
Este xoves, día 21, ás 21 horas na igrexa parroquial de Foz haberá un festival de Nadal a cargo dos conxuntos instrumentais e o coro infantil Peques da Escola de Música focense. Ao día seguinte, o venres 22, ás 20:30 horas e tamén na igrexa parroquial de Foz terá lugar outro festival de Nadal da Escola de Música local, neste caso a cargo dos alumnos de prebanda, coro infantil, coro xuvenil e a orquestra de jazz. Nesa mesma xornada do venres e tamén o sábado 23 haberá unha recollida de cartas dos nenos e nenas para Papá Noel. Para iso os seus elfos estarán na casiña de Papá Noel instalada diante da Casa do Concello de 12:00 a 13:00 horas e tamén percorrerán varias rúas da...
leer másO Concello de Xove celebra a inauguración do Nadal o xoves, 21 de decembro, ás 19:00 horas, recibindo na Praza a Papa Noel quen estará no Centro Cívico das 19:00 ás 20:00 horas.
O venres 22, ás 21:30 horas, no pavillón de deportes terá lugar o VII Concurso de Karaoke. O sábado 23, ás 20:00 horas, no pavillón de deportes, Saíñas volve representar, dado o seu éxito, o espectáculo Identidade. O luns 25, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, Dani Ríos presentará Danceplay de Nadal. Haberá chocolatada gratuíta.
Esta programación tamén inclúe a celebración da Semana Lecer Blanco que terá lugar do martes 26 ao venres 29 de decembro, con actividades de cociña, manualidades, música, experimentos, xogos, xincanas e educación emocional entre outras. Está organizada pola ANPA Pedro Caselles Rollán.
... leer másIntensa axenda de actividades culturais para todos os públicos en Cervo ata o vindeiro 7 de xaneiro.
O sábado, 23 de decembro, celebrarase a Gala de Nadal no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:00 horas. Haberá actuacións de corais, música tradicional e baile galego a cargo de grupos do concello. Ese mesmo sábado no local social de Trasbar terá lugar a visita de Papa Noel a partires das 16:30 horas, e na Casa do Mar de San Ciprián estará a contacontos Raquel Queizás ás 17:00 horas.
O domingo 24, no Ecomuseo de Cervo a partires das 16:00 horas, haberá unha actuación infantil. Do martes 26 ao xoves 28 desenvolverase Enredos de Nadal na Casa do Mar de San Ciprián e na Praza do Souto, entre as 11:00 e as 12:30 horas, e as 12:30 e as 14:00 horas. Ademais haberá actividades para a xuventude no pavillón da Veiga en San Ciprián ás 17:00 horas.
O martes 26, proxectarase a película infantil Ballerina, ás 19:30...
leer másO Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, presentaron este venres en Viveiro a campaña Merca e Gaña polo Nadal. Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha na provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio. Son uns 700 os establecementos da Comarca da Mariña, que da emprego a 1.500 persoas, e que participan nesta campaña.
Santos Ramos destacou que “decidimos poñer en marcha esta campaña debido á importancia do comercio na economía lucense. Na provincia, hai uns 5.500 establecementos que xeran máis de 12.500 postos de traballo. Son 700 os comercios da Mariña que se sumaron a esta iniciativa. Animo a todos os mariñáns a participar...
leer másOs vendedores e vendedoras da Praza de Abastos de Ribadeo sortean dúas cestas de produtos de Nadal entre a súa clientela.
Todas as persoas que fagan as súas compras entre o 12 e o 22 de decembro na Praza de Abastos ribadense “deberán poñer nos tíckets que lles facilitarán os praceiros o nome e un número de teléfono de contacto e depositalo na caixa que está exposta a carón dos dous lotes (dúas cestas) con produtos típicos destas datas”.
O sorteo terá lugar o 22 de decembro ás 14 horas. As dúas persoas gañadoras “serán contactadas por teléfono nese mesmo momento” para darlles a boa a nova e para dicirlles que pasen a recoller os seus premios.
Acisa Ribadeo comeza mañá, venres, 15 de decembro, a campaña de Nadal que rematará coa VII Festa do Comercio na que repartirá 2.000 euros en premios. Iso será o 20 de xaneiro no Cine Teatro. Todas as persoas que fagan as súas compras ou consuman nos establecementos asociados desde mañá e ata o 19 de xaneiro recibirán papeletas para participar no sorteo dos devanditos premios. A novidade desta edición é que unha parte deses boletos deberá depositarse nunha furna que estará no Cine Teatro entre as catro e as oito e media da tarde, momento no que dará comezo esta tradicional cita en Ribadeo.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “presentamos la campaña de Navidad, la tradicional que hace Acisa todos los años, vamos por la séptima edición. Este año comienza el día 15 de diciembre y termina el día 19 de enero con la Fiesta del Comercio...
leer más












