Nadal
A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro segue enchendo as ruas de ambiente navideño, un montón de actividades e miles de premios.
Xa apareceron moitos dos premiados dos Rasca e Gaña con 3.000€ en premios directos, Paraugas, Tratamentos de beleza, Ceas, xamóns, Surtidos de queixos, Cofres Vip, Sesions de peluquería e estética, entradas de cine e Rascas con 5€ de desconto a canxear cas compras nos negocios asociados.
Dende o luns 18, cas compras realizadas nos comercios asociados repartiranse as papeletas para entrar no sorteo de 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, serán 100€ ó mes durante 1 ano para cada un dos 3 agraciados. O sorteo realizarase o 4 de xaneiro do 2018 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro.
Este venres 15...
leer másNa Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.
“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.
Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.
A programación de Nadal en Lourenzá inclúe un belén instalado na Praza do Conde Santo, unha montaxe de paisaxe polar que está no Quiosco da Música e numerosas actividades.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “en Lourenzá xa se vive o Nadal coa inauguración do alumeado navideño e a colocación dun belén na Praza Conde Santo e dunha montaxe de paisaxe polar no Quiosco da Música do Cantón”.
Manuel Arango tamén deu a coñecer que “as actividades programadas polo Concello para estas festas comezarán o día 22 coa visita de Papá Noel ao Punto de Atención á Infancia (PAI), ao Centro de Día e a chegada ás 18:00 horas á carpa situada na Praza do Concello. O sábado 23 ás 20:00 horas haberá un Concerto de Nadal na Igrexa de Vilanova a cargo do grupo Amor Fino (solistas de San Petesburgo). O mércores 27...
leer másO cuarteto de arpas Lulavai ofrecerá un concerto especial de Nadal este sábado, día 16, ás 19:30 horas na Sala Bahía, de Foz. Esta actuación, con entrada gratuíta, forma parte da programación cultural do Concello de Foz para este mes de decembro.
O departamento de Cultura do Concello de Foz explica que “Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz forman Lulavai, un insólito cuarteto no que o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces dan vida a unha formación única que fai a delicia dos espectadores. Temas de composición propia, sen perder o referente da música tradicional, e pinceladas de músicas do mundo, clásica, jazz, … darán forma a este concerto de orixinais e evocadores sons”.
O Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que se comezaron a repartir no día de hoxe.
Tal e como explicou o rexedor “trátase dun manual que xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e que cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días reseñables que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 16 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal.
No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado do festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde hoxe luns, día 11, e ata o venres 15 e o propio sábado á entrada do...
leer másO Concello de Cervo vén de presentar, xunto as diferentes asociacións do municipio que organizan e colaboran nos diferentes actos, o programa de Nadal deste ano.
Este mesmo domingo, 10 de decembro, terá lugar no Pavillón de Cervo, o Mercado Solidario, organizado pola Asociación Airiños do Xunto, coa colaboración do Concello de Cervo. Será a partir das 12:00 horas. Aquelas persoas que o desexen poderán doar xogueste novos ou facer a súa aportación nas huchas que estarán á súa diposición.
Xa o sábado 16 de decembro, terá lugar a III Canastra Solidaria, que foi presentada en días pasados. Esa tarde, no Pavillón da Veiga, disputaranse diferentes partidos de baloncesto e haberá actividades e sorpresas para os máis pequenos. Ata esa data, recóllense alimentos no supermercado Familia, e xoguetes novos na Casa da Cultura...
leer másEsta tarde terá lugar o acendido do alumeado navideño en Ribadeo. Así o anunciou o alcalde, Fernando Suárez, que esta mañá percorreu xunto a varios membros do equipo de goberno o Mercado de Nadal, que estará aberto no parque de San Francisco ata o vindeiro domingo, 10 de decembro.
O rexedor declarou que “agora si que podemos dicir que empezou o Nadal aquí, en Ribadeo. Por unha banda porque fai moito frío nestes días e por outra porque empeza o Mercado do Nadal, como todos os anos, dándolle vida á vila e atraendo, coma sempre, a multitude de amigos e amigas que veñen de aquí, de Ribadeo, e doutros concellos máis próximos ou máis afastados”.
Suárez Barcia dixo: “e ademais deste Mercado do Nadal, que estará desde hoxe ata o domingo cos 25 stands con todo tipo de produtos, tamén hoxe acendemos o alumeado de Nadal....
leer másA Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este lunsos derradeiros traballos de montaxe do Belén Viveiro ante o Berce. Trátase dun dos beléns xigantes máis importantes de Galicia e de España, que estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, dende o 5 de decembro ata o 14 de xaneiro.Esta coidada recreación a tamaño natural do artista Jesús Atadell está composta por 90 pezas e representacións propias do belén como o Nacemento ou os Reis Magos. O Goberno da Deputación colabora co Concello de Viveiro cunha achega económica de 35.000 euros para a celebración de distintas actividades culturais durante todo o ano,co obxectivo de dinamizar económica e turísticamente este municipio da Mariña.
García Bermúdezdestacou que “este Belén a tamaño natural é o máis...
leer másO Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates.
O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500 euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos...
leer más












