premio de novela
O xurado do sétimo Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra A dous pasos do Edén, de Pura Salceda Carballeda, e nomear como finalista a novela Vera, de Ignacio Vidal Portabales.
Da novela gañadora, A dous pasos do Edén, o tribunal destacou “a habelencia para mergullarnos no límbico mundo hospitalario no que se move o protagonista, un paciente en diálise que rememora unha intensa vida amatoria mentres cruza o seu camiño cunha miríade de personaxes cos que coincide nas sesións de tratamento. Vidas que converxen nun purgatorio de salas de hospital no que acaban tecéndose redes de amizade e afectos que fan fortes a estes seres fronte ao horizonte dun final ameazante”.
En canto á obra finalista, Vera, o...
leer másO Concello de Viveiro convoca o VII Premio de Novela Vilar Ponte, coa finalidade de render homenaxe aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, ao mesmo tempo, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.
A temática e extensión son libres e pódense presentar obras ata o 30 de xuño de 2025. Hai dous premios, de 4.000 e 1.000 euros.
As bases poden consultarse na web www.viveiro.es.
 
        



