Nadal
Desde a tarde deste venres, día 3, ata o mércores 8 poderá visitarse no Parque de San Francisco o Mercado do Nadal de Ribadeo. Nesta XVIII edición haberá 25 postos de artesanía cunha gran variedade de produtos (cerámica, xoiería, xoguetes, costura…) así como postos de alimentación, onde se poderán mercar embutidos, doces, chocolates ou produtos de panadería.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, anuncia que “a apertura deste mercado será o venres ás 17 horas e esa mesma tarde ás 18.30 organízase unha chocolatada para todo o público asistente na Oficina Vella de Turismo. As tardes do sábado e do luns están pensadas para xs máis pequenxs da casa, que terán o seu espazo especial no propio mercado, con obradoiros de 17 a 19 horas, tamén na Oficina de Turismo Vella. E, como xa vén sendo habitual, a música vai...
leer másO alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia o acendido do alumeado de Nadal para este venres, día 3 de decembro, ás 18.30 horas cun evento denominado Bright Friday (Venres Luminoso). Terá lugar na Glorieta de Vilalba, debaixo da árbore, coa actuación musical do director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca “o gran traballo realizado pola empresa contratada para a instalación das lucense de Nadal e os operarios e técnicos municipais, que están a ultimar grilandas, adornos e lámpadas para que Foz brille na noite deste venres. Pouco a pouco imos mellorando. Creemos no Nadal e na ilusión que lles fai aos máis cativos e o importante que é tamén para o comercio local. Continuamos a engalanar todas as parroquias e dispuxemos...
leer másO Concello de Cervo organiza para este nadal unha nova edición do programa “Cervo Concilia”, que dará comezo o xoves 22 de decembro.
Este programa, que vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Estenderase durante as vacacións de nadal, finalizando o venres 7 de xaneiro. O horario de entrada será entre as 09:00h e as 10:00H e o de saída oscilará entre as 14:00H e as 14:30h, permitindo unha maior flexibilidade a pais e nais.
As inscricións poñeranse disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello a partir de mañá, 2 de...
leer másAcisa Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal, que se desenvolverá do 2 de decembro ao 9 de xaneiro de 2022. Inclúe a XI Festa do Comercio, que repartirá 4.000 euros en premios, ademais de ambientación musical, concursos, sorpresas para os máis pequenos e pequenas da casa e a instalación da árbore destas datas nas Catro Calles, todo baixo o slogan O Nadal vívese en Ribadeo.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “hoxe presentamos a campaña de Nadal que se celebrará do 2 de decembro ao 9 de xaneiro. Inclúe o sorteo da XI Festa do Comercio con 4.000 euros en premios, a colocación do árbore de Nadal de Acisa nunha nova ubicacion, actividades para as nenas e os nenos e a entrega de material gratuíto para os nosos socios e socias”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, explicou que “este ano, coma...
leer másMondoñedo engalana as rúas e espazos da cidade polo Nadal. Os espazos con decoración navideña, os cales van a ser denominados “Rincóns”, serán a Praza da Catedral (Rincón de Laponia), a Praza do Concello (Rincón do Trineo), a Alameda (Rincón de Nadal), a Fonte Vella (Rincón dos Reis Magos), o Barrio dos Muíños (Rincón de Nadal no Polo), a Praza Jaime Cabot e a entrada do Auditorio.
Na Praza da Catedral estará a casa de Papá Noel e haberá un buzón para que os nenos e nenas podan depositar as súas cartas; na Praza do Concello situárase o trineo de Papá Noel; na Alameda e o Barrio dos Muíños a decoración constará de figuras de músicos e cervos, bonecos de neve, árbores de nadal…; e na Fonte Vella haberá tres buzóns decorados dacordo a cada un dos Reis Magos e tamén se colocarán as figuras do Belén a tamaño real.
“...
leer másO Concello de Lourenzá convocou o concurso de postais para escoller a que servirá como felicitación municipal e será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que este certame, dotado cun único premio de 100 euros e trofeo, “está dirixido aos escolares de Educación Infantil e Primaria do concello. O prazo de presentación das obras, que irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor/a, rematará o 17 de decembro e deben entregarse nas dependencias da Biblioteca Municipal”.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha hai uns días unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, establécense cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha concédense tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro; ademáis, unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello como felicitación das festas de Nadal 2022/2023.
Cada concursante pode presentar un ou máis traballos a este Concurso, co cal terá máis opcións de gañar algún dos premios, iso sí, ningún...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar a XXII edición do concurso de postais de Nadal que está dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 26 de novembro. E o fallo do xurado farase público 29 de novembro...
leer másCon motivo da festividade do Nadal o Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etcétera, así como a instalación de árbores de Nadal.
O Concello de Mondoñedo explica: “convócase en modalidade individual e colectiva, como se establece nas bases; está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo e ten como obxectivo incentivar a decoración de Nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de Nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de Nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio”.
As inscricións poden...
leer másA Biblioteca Municipal de Burela convoca o Certame de Postais de Nadal 2021 para o que xa está aberto o prazo de presentación de traballos, que rematará o 14 de decembro.
Poderán participar tódolos nenos e nenas do concello en idade escolar, o tema é o Nadal, a técnica libre e o tamaño aproximado das postais de 15x21 cms pechada e 30x21 cms aberta. Establécense tres premios por cada unha das categorías: Educación Infantil, de 1º e 2º de Primaria, de 3º e 4º de Primaria e de 5º e 6º tamén de Primaria.
Os traballos enviaranse, sen asinar, acompañados dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor ou autora como teléfono, centro de estudo, curso e idade. O prazo de entrega das postais rematará o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas e os traballos terán que presentarse no andar baixo da Biblioteca...
leer más












